viernes, 28 de noviembre de 2008

na taberna do porto


isto é un que entra nun bar
(o inicio semella un chiste, pero asegúrovos q foi moi real),
e alí se atopa a un grupo de amigos nas mesas do fondo vendo o partido,
e un par de homes a falar na barra, mentres agarda a ser atendido,
óeos falar da nova bomba q un deles puxo na súa instalación de placas solares,
este individuo non podo evitar botar unha mirada de esguello aos homiños,
sentíndose cada vegada máis e máis cativo: namentres eles seguen a parolar
sobre porcentaxes de aforro de enerxías, outras inversións pra futuros
materiais, ou ata estudos de vendas; menos mal q xa se achega a camareira,
q moi amable sirve o pedido e antes de o noso protagonista marchar: entra
neste bar das marabillas un xenuíno "perro-flauta" un destes homes nada
afeitos a pisar un bar e pregunta: "oes, sabes como quedou o madrí?".
Logo de se cruzar unhas cantas frases, e ter marchado xa d´alí:
é inevitable amosar un sorriso, eses dos q agoiran grandes noites:
cun león. un home de ferralla e unha tal alicia!!

consello da semana: achéguense ao ghetto probar o té!¡

No hay comentarios: