viernes, 4 de septiembre de 2009

de tan romántico que era quedou sozinho!


faime o favor de seguir sendo un romántico,
deliciosamente así.
práctico coma un ceo vestido de gris, o teu corpo de morrer: morrería por min.
agradezo que a noite adormeza entre os teus brazos, e dispuxeron a cama toda,,, chea de flores.

se morres: nunca máis precisaras do meu sangue.

non se poden perder nomes, coma o de chilandres, juana da pofa, tona do xabre, ou teresa da carreira, por eles e por moita outra xente que ben merece que os seus nomes se escriban con maiúscula, coma marisa a irmá de juana que non tomou tanto protagonismo nesta historia, que coño historia: neste conto. Por lola tamén: mai de teresita. Ou por maruja a de cubeiro que ata o de agora non a coñeciades, por eles e por tanta xente que inda me queda por coñecer: chin chin.

entre durmido, nervioso e ansioso de ulir a túa pel recendosa de novo, vivan os vestidos por debaixo dos nocellos, deses que case arrastran, que vivan os paseos polo paseo ao teu carón, ao carón deles, que o coñecemento nunca está de máis, ata onde un non quere sabelo todo, necesariamente así.

e un viva polos veciños ata o de agora descoñecidos,
vaime dispoñendo a cama que as flores xa as levo eu.