lunes, 29 de diciembre de 2008

formen ringleira


supoño que esta noite ha ser unha boa,
unha desas, nas que antes de se deitar un, anímase e decide sentar e ler un chisco máis,
xq estas noites non se asemellan a noites de sábado.
Noites coma esta: nas que apetece sair logo de estudar, facer deporte de madrugada;
a xente está moi mal da cabesiña, soños de grandeza, mellor ca de pequenezas;
un tren, dous se cadra, se un quere voltar, cun grupo de mudos ás tantas da mañá e cun trío de nixerianos, que coma bos nixerianos: neghros era pouco, chamizos--> despectivo, churruscaíllos o axeitado.

un estrobo, dous palotes, cinta aillante e espuma de cisternas, en san valentín: de contrarreloxo e chin chin. Cea a base de calamares chipironeiros proximamente, de viaxes na cadeira do escritorio está o mundo cheo. O tempo pasa, as datas achéganse e afástanse: tede conta das calorías que pon no paquete, serán as chichas do mañá!

non hai máis leña que a que arde
o resto non serve para nada, coma ti, q fas lendo esta merda; non tes perdón, e a salvación divina antóllaseche agora un anaco máis difícil, x iso en noites coma esta:
dar unha boa zugada ao colo dun tolo, é a mellor opción!!

domingo, 14 de diciembre de 2008

coma TI dixeras


confesións á bela dormente:

decateime d´algo que sinto che teño que dicir:
decateime de que non es única, de que poden existir máis coma ti.
Eu que te cría irrepetible, vamos que andaba enganado.
Sei que se agardo: [2´64 por 10 elevado a 6] recombinacións podo terte de novo.
Velaí vai a confesión: non preciso outra COMA ti, TI abondas (coma ti dixeras)


vaia pastel!!
abofé: irmão!!

lunes, 8 de diciembre de 2008

premios de pastel_cake awards


menos dunha semana pra o clásico dos clásicos, ese partido q aumenta a venda de camisolas e convulsiona ao inquisidor (en temas separatistas) congreso dos esputados. Moito ánimo, moita electricidade corre polas neuronas de dúas plantillas que se xogan só 3 puntos pero a moral de toda unha volta, o respeto do rival, a admiración de media europa e, unha pila de millóns en primas x parte de cadanseu presidente (pra subirlles o ánimo¿?). Un adestrador pide cautela, inda queda moita liga; mentres o outro declara trás unha derrota dos seus na casa: "en estos momentos no es posible ganarle al barça". Non me disgusta Schuster, pero quédome coas verbas de Guardiola (e no recordo co gol de tamudo q nos arrebataba unha liga). Pero co que sobretodo me quedo é coas sensacións q dá o equipo q iso ao fin é o que dá ledicia á afición: ver como se lle gaña na casa do sevilla 3-0, resultado demoledor e, cun xogo de envexa. E ao madrí, dando unha imaxe pésima na primeira parte, sofre e perde no seu campo contra o mesmo equipo. Haise que quedar cun 4-0 no Camp nou ao valencia. E por riba de todo, hai que levar ben protexidas as mans, q con este frío, os beizo cuartéanse, os pés perden os dedos e os miolos do gato papanos os ratos.
Un saúdo dende a CASA de cartón de Mon

sábado, 6 de diciembre de 2008

se cadra


nova ría, auga máis calma: pero peores sensacións. En marea baixa disque non se pode facer nada: hey baby¿!!
non hai skype q nos deteña a miles de anos luz de distancia, distancia percorrida polas nosas ondas! quero saber se has ser a miña mozaªªª
o cru ás veces está ben, na tele Gregory Peixes Barba!!
el negro está rabioso. Como pasa o tempo: e agora xa lle veñen petar á porta, menos mal q o sob reproteccionista anda coa escopeta lista.
A mai pode que sexa unha boa muller, pero el é un fillo de puta: iso dicía o irrepetible mentres sorría. Os adestramentos ata as onse e pico todos os días, e un libro de CC. Creative Commons. Un saúdo maruxiña, eis!! sí sí q é abaixo, se cadra!!
Oiches lambón¿? hoxe á noite rumbo compostela e non voltas ata noutrora, lapis, bolis e tesoiras listas pra o roubo do século, todos en pé e, fóra da cama: isto é un atraco de sábado pola mañá!! nin cadenas cien, nin tien vinteún e menos unha dolce vita, q nin por deux, cargando...
en toda a vida del: xamáis cavilou en invertir en fondos del tesoUro, nin un saco sen fondo, nin q o estado precise de financiación: máis anuncios agora de capital público ca de colonias e xoguetes de nadal, os ameneiros xunto coas bidueiras montan unha fraga de moito carallo, levonorgestrel pra ela e unha tila pra el: berraba meu bo amigo emiliano na taberna do pobo, unhas zapatillas roídas. Unha chalana no faiado, como a subiches¿? subíu soa, é moi mandada!
pingueiras en pleno corazón!

martes, 2 de diciembre de 2008

es un coñazo


"es un coñazo"
non me canso de oir esa frase á miña xinecóloga!
sí, miña: por unha parte boto tantas horas mirando pra ela, q xa é algo da miña propiedade e por outra parte xq cando falo, disque rápido, di q non me entende, ela é cántabra, e bueno supoño q nos bairros da perifería o galego non se ensina coma na terriña. Pois logo pachim pachim amigos! nin sofocos de menstruantes nin bicos ao ecógrafo, se vos digo q o libro do porco é recollido do pobo, cecáis pensaredes q o pobo é un porco, e nada máis lonxe q os ultrasóns. Viajar a 30 destinos e non voltar ata q non pasen 80 días, está a ser un vran triste, disque a inmunocapacitación semella o dobre sinal pero q non vos confundan as nevaradas nin os días chuviñentos, xq o q é ben certo é q o cidade está polo medio da táboa e o ponte e ascenso, recoiro: a ahleterofilia galega bate récords

http://www.deportegalego.es/imxd/noticias/doc/1228223899resultados.pdf

nin preñadas, nin en cinta, o q se leva é o dvd, e unha cara de noxo ao entrar na consulta é o q me amosa a miña namorada dende a camiña (toa espatarrada). Só me quedar descorchar outra botella de placebo pra me enganar, come ostias, e alédate: non é doado meu ben, como facercho entender, eu non sei: e ti non queres entender.
tempada leda,
e barça campión.