miércoles, 27 de febrero de 2008

felicity 3x14_equipo para rachaduras

noel axudou a felicity durante a tempada que ben pasou a cavilar se a seguía amando.
Felicity fala con ben e aclárano todo, voltan amarse coma antes.

Logo, felicity achégase ao piso de noel:
(para agradecerlle TODO)

felicity: ola
noel: ... ola
míranse, esculcanse ata o máis profundo, comeza ela:

felicity: pensei no mellor modo de dicir isto ... e ... non creo q saibas o q sinto ao ter a alguén coma ti ...(o tempo detense, agora avanza de vagar) ... noel o q fixeches por min ...
noel: non foi pra tanto (o tempo volta deterse) ... o equipo para rachaduras non foi moi difícil de facer así q...
felicity: non é só iso (sorri, está marabillosa, reloce, brila) ... son máis cousas, é ser coma es, portarte coma te portas (el fítaa).
noel: bueno, non sei... non creo que xa che faga falta axuda (ela baixa a vista)
felicity: non ... (o tempo semella q retrocede dende este 3º curso a 1º, onde se amaban e cunha ollada se dicían miles de versos) ... creo q xa non a necesito (el, logo, baixa a vista, tamén)
noel: xenial (suspiro e aprobación)
(o tempo alíase con eles, acompásaos en cadansúas olladas, en cada pestanexo)
felicity: noel... non sei q faría sen ti (el sorri, resignado a: perder de novo á muller da súa vida, mais agradecido de saber q ela sempre estará aí, á vez doloroso e reconfortante ter á muller dos teus soños a unha chamada de distancia, pero q sabes q nunca deberás descolgar)
noel: nin eu o q faría sen ti... (sorri e amosa paz interior, con ela e por ela)

nin unha aperta de despedida, para q?¿ se xa se dixeron miles de conversas nas súas olladas. Só vela dar a volta, ela sentir q el a ollará liscar, mais q non debe moverse da porta do seu piso, máis que para fitala, non dar un paso, nin pronunciar unha soa palabra, SÁBENSE UN AO OUTRO, DESCOÑÉCENSE TAN POUCO.

menos de 20 segundos de serie e tantos sentimentos descritos . . .

lunes, 25 de febrero de 2008

vai d´algo noxento

esta semana segue igual de noxenta a como rematou a outra.
E hoxe toca ver un debate de dous noxentos políticos, dun noxento país ao que sinto non pertencer.
a vindeira finde sen ganas de ir a mera, de momento, pero amósase cargada:
sábado:
17:00 regata de bateis en rianxo
20:00 at.madrid-barça
20:00 recreativo-r.madrí
20:00 dépor-sevilla
21:00 fútbol sala

e por riba hoxe prácticas de hospital, onde vexo q non aprendo, q non sei un carallo, q un se trabuca en todo, pero coma trabucado estou, non sei que facer, que seguir, aí vos deixo un índice de risco de patoloxía pulmonar por fumar tabaco:

índice= #anos fumando x #cigarros fumados por día/20

despídese dende a capital, un noxento español aoque soio o consola dar un paseo .. por...

sábado, 23 de febrero de 2008

plasturton avenue

como me gustaría estar AGORA MESMO en plasturton avenue
por se hoxe tampouco tivéstedes o mellor día da vosa vida,
un día para esquecer vamos,
non un deses dos que pensas: para que me erguín?¿.
NON, aínda peor ca eses, moito moito moito ...
eiquí vos deixo letra e son (http://www.youtube.com/watch?v=cDCGj4jd7QI)
dunha canción que vai un tempo me acompaña.
agardo vos axude tanto coma a min

PARA MÉDICOS Y AMANTES


supe... que todo había terminado
cuando te vi mover la cucharilla
despacio... como si aquella tarde
se parara... el latido... de la sangre
en lo oscuro... de aquella gris... cafetería

no supe qué decirte, hablamos como
si hubiera sido ayer, sin ir más lejos
la última vez que tú i yo hablamos
la última vez que habíamos entrado
a saco... por el alma i por el pecho

así que yo te hablé de mis triunfos
de mis últimos versos, de mi mismo
i casi sin mirarte... miraba tu café
que removías con exquisito interés
como si de ello... dependiera tu destino

tú no decías nada... sonreías
pensando en una cita... un amor nuevo
que esperaba aquella misma tarde
i en mitad del silencio alguna frase
metralla... de antiguos bombardeos

yo te llevé a tu casa... nos rozamos
las caras... sabiendo q ya nada
justificaría nuevas llamadas
que nuestro corazón... perdió esa tarde
interés para médicos i amantes


sueños de un hombre despierto-ismael serrano_07




viernes, 22 de febrero de 2008

louco sobre acolchado

hoxe deume por cavilar e dinme conta de que o meu entorno está moi louco (como me gusta esta palabra): 1>>cando chego a mera, sempre vai mal tempo, iso din: mal; a min gústame que chova e q vente, pero recoñezo q así non se pode sair remar, un pufo! (ai! como chove/ai! como venta/como se molla a tía vicenta).2>>andan a deter a homes por berrar unhas frases a outros homes con pistola. 3>>mozas que rexeitan vir ver obras de teatro.4>>mozos rexeitando ir ver un filme, e logo, despois de non ir nunca ao cinema en compostela, van sós (por certo: recoméndovos ver JUNO).5>>a sgae quere cobrar por un traballo que non fai, nun curso onde soio gañan cartos quen o están a currar, dende eiquí graciñas quintela!6>>la vida me parece una fiesta a la que nadie se ha molestado en invitarme(ultimamente,ismael serrano).7>>disque un vai botar unhas canastras cuns compañeiros de clase e remata con hassam do kurdistán turco e mais con ana de lugo, nas canastras pero cuns petas.8>>no exame de microbioloxía, no medio das preguntas de antibióticos, unha resposta que di: LA RUTA JACOBEA, entre ruta das pentosas e da glicoxenolise.9>>uns colegas van presentarse coma grupo na cadena cope, dende eiquí sorte, pero agardo que non sexa un lobo tiroideo, vamos un timo.10>>un tal Garabal, de farma, anímanos a sair + de carallada, agora entendo xq o elixiron padriño na promoción pasada; Garabal: es un cachondo.11>>logo de botar a tempada máis prolífica de amores da miña vida, síntome igual de baleiro, baleiro, baleiro, ca antes, será culpa do cupo, cecáis ou serei eu o cupable.12>>non é que lea moito, pero non atopo un libro que me convenza(el niño del pijama de rayas:pufo).13>>maxino que non chegariades lendo, q xa vos aburriría: pipiriviiii.14>>na miña vida "anterior" fora a un concerto, e en 3 meses... pois que xa fun a alghún máis.15>>xq se rexeita tanto o castelán, argumentando que fomos nós antes os rexeitados?¿16>>xq se fan carteis electorais?se son todos iguais: rectangulares, con fotos e emblemas horteras e sempre postos un por riba dos outros, xq ningún respecta aos demais.17>>falo pouco coas persoas que o saben facer.18>>custame demasiado falar cunha persoa esoecial máis aló dun saúdo e logo fachendeo de aprobar asignaturas das que os profesores o acto máis achegado que fixeron foi darnos o seu e-mail para dúbidas.19>>recibo postais da bbc, dende gales, e o único q se me ocorre é respostar cun sobre destes acolchados, marrón (non será moi currado, pero como me molan eses sobres).

el mundo es un pañuelo dicía unha desas postais,
ás veces non credes que vos toucou a parte dos mocos?¿

domingo, 17 de febrero de 2008

deporte jallejo


porque en jallejo todo sabe mellor,
(agás os pementos que diría Shin Chan), eiquí vos deixo unha escolma de resultados de clubes galegos desta finde: http://www.vieiros.com/canais/52/gz-deportiva


(CICLISMO):
O ciclista do Karpin Galicia Gustavo César Veloso aferrouse ao terceiro posto na clasificación xeral na etapa raíña do Tour de Langkawi (Malaisia): Temerloh - Bukit Fraser, de 127 quilómetros. Hoxe domingo desputarase a derradeira etapa, cun percorrido urbán por Kuala Lumpur, de 80 km.

(RUGBI): 25 anos de rugbi en Galiza
Os Galicia Old Boys van participar no Golden Oldies de Madeira, Campionato de Europa de veteranos, en xuño, xusto no ano que se fan 25 anos do primeiro rugbi federado en Galiza. A meirande parte son xogadores do CRAT de A Coruñ e do Rugbi Ferrol
O equipo galego vai comezar a se preparar xa, adestrando forte dende o vindeiro 23-F, en Gecho (Euskal-herria).
(BALONCESTO):
masculino>>>Breogán e Rosalía sumaron dous triunfos na LEB ouro, derrotando respectivamente ao Villa de los Barrios (71-75) e ao Fundació Basquetinca (81-78). Os lucenses son terceiros e o Rosalía sitúase sexto. O clube santiagués do rosalía áchase 6º, a 3 puntos do Bruesa, actual líder, cos mesmos partidos xogados,20. Mentres os lugueses do leite río, a soio un punto do líder. A POLO ASCENSO!!
http://www.feb.es/Pasarela/MostrarPasarela.aspx?Tipo=Resultados&g=1&t=2007

feminino>>>As opcións galegas na Copa de Raíña de baloncesto feminino esvaecéronse nunhas poucas horas.O primeiro dos partidos, o que ía enfrontar ao Celta Vigourban contra o EBE Promociones Santa Eulalia,En pouco tempo as diferenzas no marcados íanse acrecentando,rematando 85-66.
CB San José, 71; Extrugasa, 61
Despois era a quenda do Extrugasa, que viña forte despois do seu paso pola Copa de Europa. Aínda así, as cousas tampouco lles saíron ben ás arousás en Sevilla, e tampouco pasaron, como as viguesas, de cuartos de final, por só dez puntos que lles roubaron as leonesas do San José.

(FUTBOL SALA): CAERON AZKAR E LOBELLE na copa de rei. O Autos Lobelle foi mellor que os murcianos de El Pozo, como reclamou José Venancio ao finalizar o encontro, pero un gol de Vinicius a 49 segundos do remate da prórroga acabou coas esperanzas galegas(ao final,4-3). Pola contra o lugués Azkar Lugo, caeu 4-0 fronte ao martisa&fadesa-interviú.

(BALONMÁN): o teucro onte na casa gañou 29-28 ao naturhouse logroño. Pola contra en león, C.D. Ademar Leon 27 - 19 Octavio Pilotes Posada. http://www.asobal.es/


(FÚTBOL):
liga 2ªB>>> o lugo venceu no derbi galego ao celtaB por 3-2. A clasificación do grupo galego na 2ªB (grupo I), segue a liderala o DEPORb45, seguido do PONTEVEDRA43, oitavo está o CELTAb36, décimo o LUGO35, e xusto por riba dos postos de descenso esta de 16 o OURENSE27
http://www.lfp.es/competiciones/2004-05/otrascompeticiones/2divisionB/main_1.asp

liga 2ª>>>O Celta derrotou pola mínima ao Poli Ejido en Balaídos (2-1) con goles de Agus e Perera. Sitúase a tan só un punto dos postos de ascenso. O rácing de ferrol xoga hoxe domingo ás cinco na Malata, en ferrol, contra o Elxe (pasano por localia). O celtiña a un punto do ascenso. O Rácing se gaña hoxe e perde as Palmas, sae dos postos de descenso.
http://www.lfp.es/competiciones/2007-08/segunda/main.htm

liga1ª>>>hoxe xoga o dépor fóra, contra o recreativo de huelva, ás 17:00 por pago por visión.

OLLO!!
non vos perder o programa da galega DE PROA A POPA, domingos ás 15:15, deportes de mar, a maaaazo!

sábado, 16 de febrero de 2008

16 de Fevereiro de 2008

Os dous estudantes detidos ontem na capital da Galiza, a partir da sua participaçom na concentraçom de rechaço ao acto eleitoral de Maria San Gil na Faculdade de Económicas no passado dia 12, ficárom livres com cargos às 13h30 de hoje, sábado.

Sérgio Pinheiro, estudante de Económicas, e Iago Barros, de Direito, afrontam de partida os cargos de injúrias, ameaças, desordens públicas e atentado, segundo ambos declarárom a Primeira Linha em Rede.

Ambos confirmárom que a perseguiçom de estudantes nom concluiu, e que há outros cinco companheiros e companheiras pendentes de similares acusaçons. Resta é saber se também serám vítimas de detençons injustificadas como as de Iago e Sérgio.

Denúncia contra os guarda-costas de San Gil

Porém, longe de assumir qualquer culpa, os dous militantes de AGIR realizárom também denúncias nos tribunais compostelanos contra os guardas de segurança da dirigente do PP, pola posse da armas num espaço universitário e pola agressom de que fôrom alvo os e as estudantes que se manifestavam legitimamente contra a instrumentalizaçom da Universidade pública polo Partido Popular.

Por volta de 40 pessoas concentrárom-se durante toda a manhá às portas dos tribunais de Fontinhas, em Compostela, e aplaudírom os companheiros quando finalmente ficárom em liberdade. Ambos terám que apresentar-se no julgado nos dias 1 e 15 de cada mês.

fonte: http://www.primeiralinha.org/

fifa street 3

http://es.youtube.com/watch?v=jWk9VJ3wVX8&feature=related

pasádevos ver este vídeo, paga a pena

posibles traíñas en 2008


por se non se len ben: de NORTE-SUR:
a_cabana//san_felipe//ares//perillo//as_xubías//
esteirana//cabo_da_cruz//rianxo//puebla//vilaxoán//
amegrove//mecos//bueu//tirán//samertolameu_de_meira//
cesantes//chapela//náutico_de_vigo//coruxo

viernes, 15 de febrero de 2008

vai de estado



venres, 15.02.08

GZ

vén de publicar a páxina da organización estudiantil da esquerda independentista (www.agir-galiza.org):

a detención de 2 membros
en relación coa movida esta das protestas que houbo esta semana en compostela, pola presenza de maría san gil(pp-"vasco") na facultade de económicas.

Os detidos son Iago Barros (estudante de dereito), polo que foi convocado unha concentración de apoio na praza do pan (pz de cervantes-compostela) as 20 de hoxe.
O outro detido foi Sérgio Pinheiro, durante a pegada de carteis preto da facultade de historia, que convocaban á concentración.

____________________________________________________________________

COSOVA

medios de prensa locais, que citan fontes gobernamentais, o primeiro ministro de Cosova, Hashim Thaçi, ten a intención de declarar este domingo a soberanía da actual provincia de Serbia.
Entre os estados máis belixerantes están, ademais do serbio, o español, así como Chipre, Grecia, Romanía e, sobre todo, Rusia.

Pola súa banda, o presidente ruso, Vladimir Putin, acusou a UE de practicar unha dobre moral e emprazouna a apoiar outros movementos independentistas se tamén o fai co cosovar: "En España, a xente tampouco quere vivir nun só Estado, logo apoiádeos alí".

O primeiro ministro serbio, Vojislav Kostunica, declarou hoxe que Serbia non cederá nunca na súa pugna por preservar Kósovo, provincia de maioría albanesa que proclamará a súa independencia unilateral previsiblemente este fin de semana.


apoio dende eiquí a quen queira loitar polo seu, ou pola súa, ou por si.

A palabra por diante, SEMPRE, pero, e se non te queren oir, ou se por riba te fan calar á forza, que farías?

lunes, 11 de febrero de 2008

vai de remo I


hoxe,luns.11.02.08,
lin os resultados da regata desputada onte, en boiro, onde competiron un feixe de traíñas galegas. Era regata non puntuable, pero á que acudiron con grande ilusión maxino que todos os remeiros para medirse, e valorare o traballo ate agora feito. Eiquí vos deixo os resultados e anímovos a que lle botedes unha ollada a www.todoremo.com pois aglutina moi ben, novas de xornais, novas propias, resultades de todo o remo do noroeste peninsular, fotos e incluso retransmiten algunhas regatas en tempo real.
viva o remo e, se é galego máis riquiño!

regata aprazada dende o 03.02.08 por mal tempo.
regata desputada a dous longos, cunha soa virada.
A.D. Esteirana foi descalificada por tomar por estribor a boia e non rectificar a virada






ben-vida

quixen crear este recuncho, para pasar un bo anaco e facervolo pasar a vós.

non o actualizarei moi a miúdo, cecáis endexamais, cecáis a cotio. un saúdo.