martes, 21 de julio de 2009

a gaivota aburrida


rebeldía, loita, tour de france, 13th fina world championships, piscine castiglione, aeroporti di rome, vaia loucura de esforzo e sincronización, un corpo en trece a bordo, unha volta en avión e vémonos, un feixe palla e lume moito lume, dave thompson teletubbie?, unha manchea de contos, hai moitos, moitos anos cando os animais sabían falar, as gaivotas vivían na illa das oliveiras, onde o home inda non chegara, aló tiñan de todo o que puideran precisar, agás unha que nascera pra viaxar: era a gaivota aburrida, as amigas do grupo insistian en que non atoparía outra illa coma aquela, ela, teimuda repetí que aló non pasaba nada, un día saiu voar pra atopar o xeito de liscar, unha mañá encheu a maleta de sardiñas, tanto que lle custou ferro e fariña pechala, se o océano era tan grande que non sería quen de cruzalo, e colleu tamén unha chalana, era o momento de marchar, despediuse das amigas, pero a gaivota aburrida non nascera para ser mariñeira, e ao pouco de partir chocou cunha rocha, e aló foi a chalana e as sardiñas trás dela, dende entón a gaivota aburrida e as súas amigas non paran de buscar as sardiñas que un día escaparon. Xa sabes, se baixas ao porto, poderás ver as gaivotas na procura de sardiñas!