domingo, 16 de noviembre de 2008

a fraqueza de pancho villa


la seguiría x tierra y x mar.
supoño q ás veces todos sentimos un chisco iso, queremos q nos sigan, pero non podemos pedilo. Sempre hai algo: orgullo, unha botella de auga baleira, sentido común (sempre hai algo...) q nos impide recoller forzas pra lle pedir a alguén q nos siga; sen embargo outras veces, paras un intre pra te decatar q ti mesmo, andas a seguir un imposible, un q¿? si, si: sabedes de que falo, miro pereira!! tantos momentos de querer liscar lonxe, deixar todo polo q pasaches horas co cu apegado á cadeira, deixalo ou ceibarte de todo¿? covarde ou valente¿? un latexar ao carón dun mentres anda con febre, abonda, tremer con 39ºC, unha noite de parvada moi seria "a mi manera". Mais logo de noites de nubes e pingueiras soen vir as mañás máis deprimentes cando abres o ollo (o máis valente dos dous, en caso de non ter un ollo de vidro) e ver q un segue no mesmo sitio, non te enganes polo q che digan de labrar o teu futuro, falacia!! pois iso, ver q á mañá a lurpia da burgués conciencia q che empurra a facer o correcto: "talvez gané o tal vez perdí, i todo fue puedo decir a mi manera". Aí está o carallo: como sabe un se é o correcto estar con quen está, ou algo do q fai, ou algo do q pensa, pero o máis triste: non sei se o q fago é o q quero. Todo isto x suposto, non sería o mesmo se adeliña marchara con outro, quitaría do garaxe o buque de guerra ou o tren militar e todo sería máis doado; de todos os xeitos despídese undemera q anque confuso alomenos ten un prato de lentellas pra xantar. E un fusil baixo da cama, polo que poida pasar co caseiro!

revolución mexicana_1910

No hay comentarios: