sábado, 26 de abril de 2008

na praia deitado




na praia deitado
na praia deitado me enteiro de q se suspende ir aos nacionais de batel
na praia deitado me enteiro q soio xuntamos quince persoas pra o bus
na praia deitado secando ao sol
na praia deitado lendo un anaco
na praia deitado logo dun baño
na praia deitado logo doutro baño
na praia deitado me papan os mosquitos
na praia deitado, limparana pra os señoritos?¿
na praia deitado, agora non pr´os veciños
na praia deitado todo é menos malo
na praia deitado xa se fai noite
na praia deitado hai q fuxir
na praia deitado q ben se está cando se está ben
na praia deitado q boas son estas tardes nas q non hai naide
na praia deitado e na auga sen bañador q chachi
na praia deitado en dúas toallas a mis anchas
na praia deitado agardando a findesemana
na praia deitado agardando a túa volta pr´o vran
na praia deitado mentres todo, todo agás ti me sobra
na praia deitado non nos falamos pero estamos máis preto
na praia deitado nada vai ser ighual trás este ano
na praia deitado xa non o foi trás o vran pasado
mágoa q non te tivera coñecido (tanto) antes

jueves, 24 de abril de 2008

q vos dean polo cu - gattaca-

xoves noite por aí de festa,
e un eiquí oíndo HABLAR POR HABLAR, gracias cristina.

oindo intentos de suicidios e penas psiquiatricas.

un séntese afortunado, sentese maldito, chorar e chorar, patri: q ben tocaches hoxe.
ei! q a psicóloga está enferma, pero ese non é o meu problema, non é o mesmo remar en cabo e facer o pallaso coma facedes vós, morte ao desastre, terapia e especialista pra a moza do psiquiátrico, nin rendas nin ostias. saín fatal, atopeime mal, de sentimento, de corazón, de namoro de preocupacion de ver unha parella bicarse de que ledos se ven, de q tristura dá aquela parella berrándose un a outro. Mañá morte: pim pam pum (bocadillo de atun)

martes, 22 de abril de 2008

nin falúa, nin chalupa, nin traíña: eu o q qro é remar

vaia días estes:
esta semana remata o bendito curso de cinema en medicina, agardo non esteades moi fartos e aburridos del, esta semana quedan as mellores pelis. A semana pasada xabier gómez noia, gañou a primeira proba da copa de europa de triatlon, e polas terras españolas nada se soubo, e polas galegas moi escasamente, a este mozo halle acabar pasando coma a david cal, dobre medallista e logo sen un patrocinador serio q o acompañe. e logo disque todas as medallas son pra EUA e URSS, se inda tiñan q ir máis coa merda de apoio q se recibe dende o goberno galego e o ningún apoio apenas dende empresas galegas, vaia escándalo, os remeiros amais de entrenar 5 dias á semana teñen q andar a chorar nas portas das empresas unha subvención pra poder pagar a gasolina e non tela q pór do seu peto.

co dépor case que salvado, o celta case de seguro e o rácing de ferrol ás portas o fútbol galego de elite anda ledo, pese ao rácano dos ibxectivos. E quen se preocupa de anunciar un campionato galego de remo¿? seica media páxina na voz de galicia saía falando dos gañadores en senior masculino, non vaia ser que falaran do resto de categorias e mulleres, vaia pola sal!

nada amigos, agora a irlles a dar ata no carné de identidade a vascos e cántabros, q se enteiren do q vale un remo galego (de construción vasca, abofé, q a ver quen move unha traineiriña pedro cuesta recén feita, faltan maos)

sábado, 12 de abril de 2008

búscanse amarras para unha falúa


sabes cando te sentes pequeniño pequeniño.
Pois sí e, daquela . . .
can, cadela
quen non ten muller dorme sen ela e,
o que a ten ás veces tamén.

Test de Megan:
1.-q planetas hai entre o sol e a terra?¿
--mercurio e venus

2.-capital de washington?¿
--olimpia

3.-cando é o solsticio de inverno?¿
--21decembro

perdoa e, que non paga a pena pasar un intre contigo, o tempo vaise e, non quero q se me vaia ao teu carón. Chim pón.
E non hai maneira e arredemo e isca-lhe lura, e pachim pachim, e stilosabaratija, e tal e cal.
canso de tanta bencilpenicilina intramuscular e tanto clamoxil por vía oral, que ao cabo toda a resposta é igual: RESISTENCIA.
ese é o camiño,
-viches a luz?
-vin! A ver senón a volto perder.
-é normal, sorte Solete!



imaxe:mercurio/venus/a terra/marte/xúpiter/saturno/urano/neptuno

domingo, 6 de abril de 2008


hai algo en ella q no consigo quitarme de la cabeza . . . (chueca-tontxu:básico)


a recomendación fílmica desta semana é CIUDADANO KANE, para min, leigo na materia das filmes esta peli tratábase dunha desas clásicas que hai que ver algún día pero q endexamais se dá a ocasión, ata que en momentos de crise un decide q xa é hora de non ser tan profano e afondar, inda que sexa na superficie, vamos no epitelio do cinema ianqui clásico.

onte a noite foi mil e unha, nunha soa; aburrida a tope. E a tarde ocupada. E microbioloxía por segunda vegada en dous meses: entretida. E vai e empata o madrí, poucas máis oportunidades nos quedan para sermos campións de liga. Hoxe ás 21 barça-xetafe. Onte remamos en ares e en ferrol gañaba mentres o rácing 2-1 ao celtiña. O dépor chega ao descanso 1-3 en santander.

A selección galega participará na Copa de Europa de Triatlón en Pontevedra: a proba desputarase en PONTEVEDRA o día 19 de abril. Consta de 12 probas en 10 países

(http://www.deportegalego.eu/novas/nova.php?id=599&lg=gal)


posdata: sabe alguén de albergue barato ou hostal cutroso EN MADRÍ para o verán ?¿¿?