domingo, 30 de marzo de 2008




o outro día vín: CAÓTICA ANA, recoméndoa a calquera ávido de cinema español (dirección e guión: julio medem). É destas pelis que dá gusto ver pois logo queda ese ruxe-ruxe na cabeza.

onte a probar o mar de sada, e ala, a escachar remos, senón se pode ser tan zeñú, joer. Iván farémoscho paghar, ghe ghe.

onte á noite estivo chovendo a mares e, hoxe a marea non parece máis chea, pero sí que dá gusto ver a praia (comprobación fiestril), sí dá gusto, a beira revolta, todas algas, todas redes, na beira do mar e na beira da area. mestura, misturadora, mix.

caóticos todos, lo de remar se va acabar i os estudos tamén e a rañala todo e como me gusta a palabra estoxo " dona ".

sen máis me despido coma quen foi quen veu un día.
para a miña irmá ana, que se foi.
para a miña filla ana, que veu.

lunes, 24 de marzo de 2008

sallutem

tede bo día, neste día gris.

bio ¡!
José Moreno, extremeño de 57 años, de profesión pocero, de vocación constructor de viviendas. Pero constructor a bajo coste o coste justo. Las promociones que construye sobre suelo público cuestan cuatro veces menos que una vivienda en el actual mercado inmobiliario. Sus pisos construidos en Fuenlabrada han causado furor entre los jóvenes, ya que cuentan con 3 habitaciones, trastero, garaje y piscina por 84.000 euros


hoxe un chin chin, por este home que coa axuda dos concellos e comunidades autónomas consegue crear fogares a precios asequibles. E liscar da imposicións dos prezo coma hoxe falaba no programa ESTA MAÑANA de TVE, unha auténtica visión social dende a empresa privada.

viernes, 21 de marzo de 2008

irmán, veña esa man ¡!


eiquí andamos unha tempada máis que consigo manter ao ferrol en segunda división e xa van catro. ando á procura dun dianteiro goleador para a tempada que vén, e barato: soio teño 2 millóns de euros para fichaxes e bueno, que non debo entrar en bancarrota (que xa me pasou con algún outro clube).

venres noite, metido na cama, quentiño. Onte destas horas estaba no hospital, houbo xente que eu cría amigos que se cabrearon xq non me quedei á cea q tiñamos planexada logo de ver o barça-valencia e; con moi boa pinta o churrasco por certo.

é unha mágoa que eses q eu cría amigos, solten pallasadas pola boca sen saberen todo o conto, xulgando polo baixo e facéndome sentir incómodo con eles: que teño que pedir perdón, cando por suposto que me amola non podermos pasar esa noite xuntos, pero nin sequera paran a cavilar soio un intre se cecáis a miña cita sexa urxente, se a persoa coa que quedei precisa verme, ou eu a ela.

que pode q estea angustiada, que teña un familiar no hospital, que teña un problema serio cos pais, que non atopa consolo a unha lea na casa, ou q simplemente necesitabamonos ver e falar.

mañá hai regata en narón e, eu dándolle importancia a estes personajillos q NON se preocupan polo q pasa, ou xq un marcha de repente logo de termos planes feitos, soio se preocupan de si mesmos, do MAGNÍFICO traballo que fixeron coa cea, que de verdade creo q estivo chachi, pero hai que ter a mente máis aberta aos demais e non soio o traballo que pasa un, porque esa postura mimosa, caprichosa e egoísta soio leva a botar as cousas encara, tempo despois: vamos a foder a amizade.

foto: traíña de coruxo, a tempada pasada antes dunha regata

miércoles, 19 de marzo de 2008

faite un


sinto esta actualización con tan pouco siso, sen sentido, hai días así.

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha decidido que la familia Franco tendrá que permitir el paso al pazo de Meirás de los técnicos de Cultura. Éstos serán los encargados de analizar el estado del edificio para determinar si se declara bien de interés cultural. La sentencia, sin embargo, obliga a que la fecha de la visita sea secreta.

así habría hoxe elidealgallego.es , eu non sei se o pobo de meirás quixo de verdade algún día donar o pazo ao ditador, se é q foi idea de algún cacique que extorsionou aos veciños obrigándoos a "colaborar". Soio me parece gracioso e, triste, tamén, a situación á que se chegou coa POSIBLE declaración de edificio de ben público en contra do querer da familia do fascista.

un séntese cada vegada máis pequecho ao pasear polo hospital e ver aos doentes na cama, e un pregúntase se realmente estuda pra salvar esas vidas, e un pensa en deixar todo e fuxir a marte coma ismael serrano xq ULTIMAMENTE non acho consolo. SERÁ que tu olor nunca llega hasta aquí abajo di ismael, será q este contrato temporal no conoce de tardes de cine y amaneceres, será...

mentres un adormece na praia sobre dúas toallas (a un, unha non lle abonda) oe a maré de mera subir e baixar e ela non durme, non cansa. AHORA, la luz de la ventana azul que siempre estaba abierta, que quedan tan lejos las playas de corfu, los amores conversos, que las piscinas cierran y apura el último baño la luz de las estrellas, q casi llego a fin de mes,
agora é cando menos entendo todo, cando morre o mozo xogando ao fútbol mentres el mesmo realizaba unha reportaxe dos xogadores que morren no campo. Non entendo a onde vou andando agora mesmo, a onde vou chegar na falúa, non todo se amaña cun café, pero como se agradece de cando en vez unha boa taza del, invítote a que pares de ler e vaias quentar un pouco !¡

dominios do mundo:
http://www.visibone.com/countries/countrychart_4080.jpg

·que andarás haciendo ahora
·ahora
·será
pertencen as 3 a LATRAICIÓNDEWENDY de ismael serrano

lunes, 17 de marzo de 2008


ciao:
semana santa?¿
semana O PADRIÑO,
la COSA NOSTRA está a ocupar as miñas vacacións, obtida piratamente, e logo de obter a negativa da viaxe até o país da beira, pese a ser moi boa idea, moi alagador, non entendo coma a solución vai ser non falarmos, pero ao carallo meteuseme "no corno" e arrivederci.

se algo aprendín do meu pai: é q hai q pensar coma o farían os que te arrodean.
2 tiros na caluga e ao carallo.

vai o marino e gaña 2-1 en carral, imos nós o sábado e gañamos o partido de fútbol sala 4-5, e imos o sábado que vén á regata, narón.
michael corleone, vera vita seia!
i con ganas de planexar unha vida nova, pra lle regalar a alguén a antiga, bona sera

sábado, 15 de marzo de 2008


unha noite a te buscar,
05:10 e sigo, xa na casa á túa procura.

se pasas preto, susúrrame ao ouvido,
prometo estar atento. Logo do tempo,
sigo sen te esquecer,
canto vai xa¿?
días,meses, anos
e que importan os anos?¿

pérdome senón te sinto comigo.
e fago o parvo, e preciso oirte:
q non, q non o fago, q me sinta ben.

sen ti,
agora poñendo os lentes, agardando (algún día) ver amencer contigo.

domingo, 9 de marzo de 2008

paghar eu ?¿


sabendo q o voto se cotizaba en ebay coma quen vende un tendal vello, afirmo q óigame compay no deje camino por coger la vereda.

nestes días de atentados reivindicativos dunha democracia q por contentar a máis, non contenta a todos, un q se sinte falto de ganas de ir votar, e por riba oindo a un barrio da Habana, de vai uns anos coma se fora antonte cando pillei o cd. Soa amor de loca juventud, compay segundo e julio alberto fernández, que merecen unhas maiúsculas nos nomes pero xa sabes, hoxe non é día deses de salientar a naide, máis ben, un deses días de caer de cu nunha cadeira e ir ver o marino-larín ás 17, o valencia-dépor das 19 e o barça-vilarreal das 21.

"porque tú has sido, mi única ilusión", palabras de orgullecida, está a ser un grato descubrimento: buena vista social club. Un empeza a cavilar en palabras ditas sen pensar moito preto dun hospedaxe un tanto com-m-patriota, e bueno amor da miña vida, d´acordo, arrepíntome de ter dito eu esas palabras, foi moi forte, oínas esta semana e supoño q tiña ganas eu tamén de dicilas, non foi de todo sentido.

this romantic ballad was written by chepín, soio dous parágrafos de canción pero murmullo, inspira abofé; semana esta de loitas obreiras, vemos en nadela, na central de puleva en lugo, o leite estaba q se botaba por fóra. Tamén na marcha q o mércores protagonizaron os despedidos por "falta disiciplinaria", da empresa de metais ingemar, por non quereren currar findes sen cobrar, tamén foi soada, dende guitiriz a lugo de marcha, loita e mais loita.

e logo de vivirmos o día da muller traballadora, faime pensar q xq non deixarme facer o que queira co meu corpo, xq non deixarme facer o que queira co meu útero, que cren estes reaccionarios q se vai pór de moda o ir abortar, a xente non é estúpida, vaise usar coma agora cando se precise, pero sen que se faga na sombra, nin vai ser unha moda, nin se vai a obrigar a naide a facelo, q quen teña un cativo que sexa xq o quere facer, non xq pasou algo que non debía acontecer. Parece mentira, q defenda a vida a toda costa alguén sen se preocupar polo malvivir q iso poida supoñer.


agardo non afoguedes entre enquisa e enquisa, nin trás rolda de prensa e rolda de prensa, nin gráficos, nin estimacións de voto, nin patrañas dunha democracia que non serve para nada + q facer aos ricos máis ricos cada día, mentres enmascaran os seus roubos soados en forbes e a nós falannos de política social.

pon os lentes de sol, quero que amenzamos xuntos!

domingo, 2 de marzo de 2008

minchas por aquí e por acolá

04:24 da madrugada!
pozi! eiquí me acho, a esta hora, logo de estudar farmacoloxía un anaco, e de ver uns capítulos de felicity coma recompensa ao esforzo.

esperto, a estas horas, sen anaco de sono, case me dá ganas de voltar ao escritorio logo do remate destas liñas. Bueno o caso e q esta finde foi unha auténtica merda, coma as anteriores. Un vai ata mera, e volve case peor do q marchou, polo menos no partido de futsal do sábado inda marquei (gañamos 5-2). Mais o barça palmou e gañou o madrí, pero q non se crean nada, q os habemos calzar ao final, q así vai saber mellor, e eles han quedar fóra da Champions este mércores contra a Roma (o barça xoga o martes contra o celtic).

na casa as cousas? ben.
en remo as cousas? ben.
de estudos as cousas? ben.

vamos que uns morren de fame,
mentres outros nos comemos os mocos.

(de fondo óense violíns de THE CHIEFTAINS, grupo folq irlandés, moi chulo!¡)

de libros tirandillo: astualmenti con : amantes, amigos, embarazos ... y más líos, comprao un día de casualidá na xenerosa librería do Haley, xa ves q cousas, aaa x certo a autora é unha IRLANDESA tamén, Sinéad Moriarty.

esta finde saiume unha afta na boca, unha pequena bocha/ferida q doe abondo (ghe ghe, q miña xoia quéixase por todiño), e achegueime pola farmacia de mera e solucinao, soio con ver á fermosa farmacéutica, non entendo xq hai 3 mozas alí, sendo tan pequena, unha coido q está de prácticas, outra é a dona, e a terceira é a máis fermosa farmacéutica q vín, alomenos en mera, ghe ghe. E fun con miña irmá buscar o remedio dos remedios para a afta, e vai a citada fermosa muller e saúdaa, eu 1/2 abraiado, pago e logo sonsácolle a miña irmá q se coñecen de x aí, xa sabedes, de verse nese nalgures ao que todos imos nalgunha vez. Coma a santo andré de teixido, q vai de morto quen non foi de vivo, a pola herba de namorar por suposto.

o martes pasado nas prácticas do hospital, tiven unha revelación mentres por case casualidade vía unha endoscopia a un doente con cirrose por se mazar a cubatas (sospeitas do bo do endoscopista), o cal non tiña ningunha patoloxía nin en esófago nin en estómago, que fermosa técnica, aínda q semellaba algo molesta para o doente, e ademais abraiante, xq ao se espertar da anestesia non se recorda ningún episodio previo da proba, o cal me leva a pensar a de maldades que se lle poden facer ak ak ak. naaaaa en serio, encantoume a proba (vimos facer 2 endoscopias, foi chachi).

hoxe unha ex-compañeira de instituto, e ex-colega de teatro contoume que para o ano se vén para compostela, así q se sabedes de alguén q teña un sitio no piso ou busque alguén de confianza poño a man no lume por ela, pois nunca me deixou poñela máis arriba, nin eu quixen poñela máis abaixo; veña en serio se sabedes alguén q deixe o piso ou algo, peghádeme un toque!!

dende eiquí un saúdo aos da pandilla q marcharon tós pa andorra pra a neve: don mauro, don abeliño, don dami, don deivi e mais o don santi. O pablo e mais eu quedamos en compos, ais a falta de dinerossss q mala é, recoiro!!

posdata: galesa volta antes de semana santa xfa! xa paso de che mandar mais emilios especiais deses, pero sobres acolchaos os que queiras q o paso ben enchéndoos, tócache respostar mincheira!


posdata 2: sondaxe das xerais en gz : http://www.lavozdegalicia.es/especiales2008/elecciones/2008/03/01/00161204412257729991858.htm?idioma=galego