sábado, 27 de septiembre de 2008

mera_comic


definición
MERA: s f Néboa mesta, miúda e baixa; choiva que se desprende desa néboa!!!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

cartolina de metformina (dianbén)


...erguerse (non era doado), botella de auga aos pés da cama, ter ganas dun café cargado, nós na melena, mirarse os pés (como quería aos seus pés, era incrible o cariño q lles tiña), sentir a súa suor, como lle gusta sentir a súa suor, entrar no baño cos ollos inda pechados, sentarse na taza, coma cando era nena, esa acción, era relaxante pra ela, por si mesma e xq lle recordaba aos vrans na aldea, cando maruxa, a gata cega q tiñan na casa onde pasaban os vrans, se lle achegaba todas as mañás e lle lamía os peíños, q, daquela inda colgaban ao sentar na taza, de menos aquela gata, de menos aquel cheiro a inmensidade,pero así era outro día na gran cidade, naide decidira por ela aquel traballo, foi polo q loitara toda a vida, ela soa procurou a súa: RUTINA...

silviorod: que se puede hacer con el amor/q se puede hacer si es cosa del/la habana: día de un año/

sábado, 20 de septiembre de 2008

rochiña/rocha/racha/rachí


... rematou a competición e o q sentía deu en chamalo: LEDICIA: nunca tan ben se sentira, cheo, algo q lle saia polos poros, as mans tremíanlle polo cansanzo e mais por aquilo q o enchía, notábase fóra de sí, eses berros de vitoria non calmaban a euforia q levaba por dentro, os abrazos cos compañeiros, compartir a suor deles, coma antes compartira o sufrimento, a dor ao rematar cada adestramento, toda unha tempada remataba, unha tempada q remataba con eles de locais, e con eles de campións, non foran todo rosas naqueles días, pero agora todo aquilo soio facía maior a felicidade daquel intre...

...ao chegar á casa, nos ollos da mai soubo ler o q ocorría, as palabras q antes non chegaban pra conter a ledicia, agora sobraban para describir a traxedia, o papai...

...agora na mecedora, albiscaba trás dos xeonllos, unhas zapatillas roidas, desgastadas pola idade ao igual ca el, un trapo vello, de cando en cando voltaba ao seu maxín aquela tarde, por veces non sabia se ocorrera ou se fora unha daquelas historias q lle lian ao durmir, pero esa tarde, esa tarde era unhas desas nas q sabía q sí ocorrera, nas q maldicía a mañá q se ergueu, nas q maldicía a volta á casa, sentíase culpable, sabíase culpable, trás daquela tarde, daquela vitoria, o mundo abríaselle en forma de ofertas e melloras de contrato, mais nada máis chegar á casa decidira q pra el aquel mundo xa liscara...

jueves, 18 de septiembre de 2008

os lentes e ti


xa non te atopo, xa non vou á túa procura, tan so doe a gorxa logo de termos paseado polas rochas cheas de couselo, aquel q se forma polas choivas do outono, e se xea nas frías noites de inverno, nas q pensaba me darías calor, e nas q x me ter equivocado, semella q sinto máis medo, medo a ter errado, mentres ti, q sempre me lias ás noites, eras ti quen de cando en cando, de noite en noite, 3 ou 4 á semana, non máis, sempre coa compaña dunha taza fumeante, sentabas arrentes de min, suspirabas, alentabas, collías folgos varias veces e arrancabas as túas historias de dragóns e princesas, aquelas das q agora xa non se escriben, aquelas q me asexan en cada baldosa q piso, cada pegada q me fai fuxir un anaquiño máis de ti, unha coma, un punto, unha espiral, unha enredadeira q esvara ata o chan, chan lamacento, do q coas túas botas altas sempre te zafabas, polo río onde che gustaba sentar naquelas rochas a falarmos, ou simplemente escoitarmos o silenzo, o noso, o de naide máis, "ultimamente ando algo perdido"...

foto: ponte mundaiz sobre o río urumea (donostia)

jueves, 11 de septiembre de 2008

chica busca chica



le he dado demasiada imxtancia
i la vida me está dando una nueva oportunidad
adiós antigua mónica
hola nueva mónica!

martes, 9 de septiembre de 2008

ti,tipico politico, pecha o teu pico

ti,tipico politico, pecha o teu pico

Os salarios dos deputados e altos cargos da Cámara autonómica conxelaranse nos próximos orzamentos, segundo as indicacións dadas pola presidenta do Parlamento, Dolores Villarino

supón unha redución do 1 por cento no volume total dos recursos que manexa a institución como medida de aforro orzamentario

a Mesa do Parlamento galego acordou, en marzo de 2006, que a asignación fixa para os deputados ascenda a 2.075 euros mensuais...



q panda de valdreus . . .
dous mil € ao mes,
vaia fillos de puta

domingo, 7 de septiembre de 2008

nada pra evitalo


eu e os anhestésicos inhalatorios
non nos entendemos !¡

jueves, 4 de septiembre de 2008

faro_fisterra


xa non me acompañas nas subidas ata a fin do mundo,
aghora prefiro facelo sozinho!¡