viernes, 28 de noviembre de 2008

na taberna do porto


isto é un que entra nun bar
(o inicio semella un chiste, pero asegúrovos q foi moi real),
e alí se atopa a un grupo de amigos nas mesas do fondo vendo o partido,
e un par de homes a falar na barra, mentres agarda a ser atendido,
óeos falar da nova bomba q un deles puxo na súa instalación de placas solares,
este individuo non podo evitar botar unha mirada de esguello aos homiños,
sentíndose cada vegada máis e máis cativo: namentres eles seguen a parolar
sobre porcentaxes de aforro de enerxías, outras inversións pra futuros
materiais, ou ata estudos de vendas; menos mal q xa se achega a camareira,
q moi amable sirve o pedido e antes de o noso protagonista marchar: entra
neste bar das marabillas un xenuíno "perro-flauta" un destes homes nada
afeitos a pisar un bar e pregunta: "oes, sabes como quedou o madrí?".
Logo de se cruzar unhas cantas frases, e ter marchado xa d´alí:
é inevitable amosar un sorriso, eses dos q agoiran grandes noites:
cun león. un home de ferralla e unha tal alicia!!

consello da semana: achéguense ao ghetto probar o té!¡

miércoles, 26 de noviembre de 2008

un chan de aldea


cando un ten frío: o mellor é quentarse.
o mellor é non rallarse, non perdes escamas
e podes seguir a nadar dando rolos coma unha
ovella: beeee. Se nin o sangue te detén, non te
deites: érguete! nin loita, nin merda, bos arreglos
pero son de pastel: zora gabbara, a un gusto,
un mellor taste, nin os de ribadeo nin os de chantada
se te igualan. Tempada de castañas e bibliotecas de
cartón: cartón, moito cartón e algo de foam!!

eiquí vos deixo o enderezo do actual subcampión
DO MUNDO de kitesurf nas modalidades: Olas e Race. Sendo o antigo campión do mundo do ano pasado na modalidade: Olas. Con idiomas de gallego coma nº1 e praia preferida: a costa da morte.

http://www.abelago.com

lunes, 24 de noviembre de 2008

os trasnos de moscoso


1ºdía: xinecos, muito bem!
sigo sen saber o q quero. uns dias entre historias e reixas.
Moi amable x me deixar tocar os seus seios, os q¿?, os seus peitos, como¿?
as súas tetas, como¿? xa nada disto se me fai raro! Coidado coas agullas,
dor do 1ao10.

marcas incidentais. Xastres xenios.
E nin a criptonita vai parar isto.
Nin cobrando x adiantado.
q ledo e abraiado!¡

miércoles, 19 de noviembre de 2008

o outro verán



saiu ao baile. Sentouse nun banco de pedra e alí está, pensativa, coa melena por diante dos ollos, triste, un pouco cansa. De cando en vez mira á xente que baila, mira atentamente, pero logo métese de novo en si, moi adentro, esquecida de todo, case ausente.

o outro verán; Vento Ferido: Carlos casares

domingo, 16 de noviembre de 2008

a fraqueza de pancho villa


la seguiría x tierra y x mar.
supoño q ás veces todos sentimos un chisco iso, queremos q nos sigan, pero non podemos pedilo. Sempre hai algo: orgullo, unha botella de auga baleira, sentido común (sempre hai algo...) q nos impide recoller forzas pra lle pedir a alguén q nos siga; sen embargo outras veces, paras un intre pra te decatar q ti mesmo, andas a seguir un imposible, un q¿? si, si: sabedes de que falo, miro pereira!! tantos momentos de querer liscar lonxe, deixar todo polo q pasaches horas co cu apegado á cadeira, deixalo ou ceibarte de todo¿? covarde ou valente¿? un latexar ao carón dun mentres anda con febre, abonda, tremer con 39ºC, unha noite de parvada moi seria "a mi manera". Mais logo de noites de nubes e pingueiras soen vir as mañás máis deprimentes cando abres o ollo (o máis valente dos dous, en caso de non ter un ollo de vidro) e ver q un segue no mesmo sitio, non te enganes polo q che digan de labrar o teu futuro, falacia!! pois iso, ver q á mañá a lurpia da burgués conciencia q che empurra a facer o correcto: "talvez gané o tal vez perdí, i todo fue puedo decir a mi manera". Aí está o carallo: como sabe un se é o correcto estar con quen está, ou algo do q fai, ou algo do q pensa, pero o máis triste: non sei se o q fago é o q quero. Todo isto x suposto, non sería o mesmo se adeliña marchara con outro, quitaría do garaxe o buque de guerra ou o tren militar e todo sería máis doado; de todos os xeitos despídese undemera q anque confuso alomenos ten un prato de lentellas pra xantar. E un fusil baixo da cama, polo que poida pasar co caseiro!

revolución mexicana_1910

miércoles, 12 de noviembre de 2008


entre viño da casa e, albariño ribeiro, penedés e demais, a verdade q AIR GALICIA, enriquece a un; e senón o fai alomenos pasas un anaco caralludo con el: a ghorxa seca tamén a teño eu, e dende logo q a auga escaralla os camiños. É unha tempada doce, ou eu q sei trece, a verdade q non paro de pensar niso, e embora, entre antibiótico e antibiótico uns analxésicos, vela nunha esquina, dunha barra dun bar ou cafetería ou dunha fría noite, ou nun corredor dunha óptica, mañá clase e pasado ailale lo, nin timidez nin ciúmes, q agusto é darche sorpresas, e os teus coidados namentres vendo grelos na feira do día primeiro, ou namentres paseo á túa beira por nouvelle centro comercial, uns suadoiros novos pero a mesma cara de sempre, escusas liscar a ningures, díxencho vai un tempo: non te aturo, nin me gusta a túa cara nin podo deixar de mirar as túas cadeiras, tes unhas mans de mofa. Entre mofa e befa: unha liga espesa. 59 porros: El puerro o ajo porro es una hortaliza conocida por el hombre hace ya más de 4000 años. Entre taberneiros e camaretas, nin ler unha traxedia neiorquina dende un casino onde as testemuñas: actos de posproducion e programacion de funambulistas e latas de refrescos ou botes, nunca souben moi ben a diferenza= ben me sabe, cando me sabe ben.

jueves, 6 de noviembre de 2008

reCORCHOlis


carafio, recoiro, comendo en coiros, mmm como me gustan os pementos de padrón, coma a Shinchan, ou ao revés, recoiro, non sei, ou fago q não, ou facemos f ao cadrado, cun pouco de lecitina por aquí e substancias de salmón pra alérxicos a NON AMC, éche o q hai, un sinfín de historias clínicas e gardas: o q non perdes. Go away, lisca, iscalle! fus fus, nin borras, nin borrás, novas tendas en casasnovas, x ter amigos ricos unha quedou pobre, aínda hai cousas q che debo pese a ter detalles coma naide, segues a ser unha cousa q detrás da lúa, intúo cando te ispes q segues a procurar moito máis ca unha pateira dunha noite, las cosas q nunca te dije: non quero chegar a cantar, x iso mañá mesmo, vou cortar o cabelo trás dunha lúa cabaleireira, e á noite como marca a tradición meracha: undeMERA, nonsi¿? onde estás q non te vexo, encántalles xogar a se matar, descanso q teñen veña a deixar un pouco de vida en cada cabicha, trás delas, o fume q aliña traxedia e horror q voltará obrigarme dicirche pese a seres vea q agora me irriga, xq chegas e arteria xq logo te vas, pese a iso, sempre haberá unha éstase de sangue e varices ou ata hemorroides e farame, dixen obrigarame nun futuro far far away a dicirche adeus, dicirche: o q nunca che dixen coma vai unhas liñas, coma quen inspira un chisco de pegamento ou de papel de arroz, pés húmidos: cultivo de arroz: este vran vietnam. Non é x ti a manta, é pola miña esperanza (hope) a q o amor q vai chegar sexa coma aquel q a ela lle escapou un día, e tememos nós q unha bota de tacón nos marque a ferro candente: coma da túa pertenza: abandoar o vicio, andamos niso. vaia días/noites: a carne purifica o olvido!

miércoles, 5 de noviembre de 2008

tarta de corcho!


duele xq la piel no es materia inerte!!
tiembla!!

tremer: o q un sente ao chegar fronte á súa taquiña e non achar a chave, cada un no seu camiño, espantando as súas penas, non me gusta oir destino, sigo na miña trincheira coma di chaouen, aló foi a primeira semana de prácticas, ás vegadas o tempo pasa, coma cando andas a subir unha costa, q en boa compaña faise menos custosa, e uncastelonoceo coma semilla en la tierra. non falta nada pra aprendermos a voar, somos poliños (pseudo-pitos) xa case a piques de che deber a vida, a lingua fóra e espello dentro, contigo a vida empáñase menos, xa apetece menos facer filosofía a aquel gañán, q te mira dende aquela esquina sen valor pra se erguer, soio axeonllado fronte ao teu camiñar, artillería de cañóns e infantería. Non hai quen te ature, nin quen siga facendo bo de ti, pra o teu cu: artillería!

sábado, 1 de noviembre de 2008

q lles dean!


satisfactorio debut!
é o bo que ten, andar a namorarse cada día, q nunca te defraudan, xq tampouco nunca chegas a coñecer a naide. Coñecer pra q? jei jei resistirei!
a verdade q iso trocou! embora imos de cu, de cu de cu imos de cu!nun mundo entre billarda e taekwondo. Boinas de boa pinta, como me gusta pintarte de babas, de moquillos e trabar, unha boa chantada a tempo: un éxito, un exitoso debú. aaai omá!!!pon medias negras, esta noite pra min!nin branco nin amarelo eu quero un pito marrón, un pito moreno, moreno de contento, contento estando ao teu carón, eis non te esquezas o q te quero, pero se ti non queres: esquézote e xa abonda, e morra o conto, un día primeiro, un día de defuntos, morrere ao teu lado e ti ao meu, cara de sol, i tu q has hecho para olvidar a aquella chica del bar?en 50 anos, qérote ver eiquí, quero q nalgures sexa aqí, o meu mellor amigo: o meu mellor amante, abrázame e non te perdas pese a írmonos traballar lonxe, q un pase de gol sempre é unha asistencia, unha axuda vamos! unha beca: unha cea e un par de plalleiros novos: pra ti!! mas allá del 1deenero, e éncheselles o peteiro falando de democracia a estes fillos de puta: imperialistas, así lles metan unha bomba na sopa a eles, aos seus contrarios e aos xefes dos xefes, non quero nin quero saber, de ti dende logo q non, vencerte sen saber os teus ptos débiles: sería moito máis facil chegar aló cunha simple escalera!hai vinte anos xa viña a xente de Vilaxoán, éche o q hai, sintoo pola libia, q lle vai custar facer unha boa saída este ano, pero q es? un papaostias? q lles dean!_ cansei de ser sexy= CSS