sábado, 31 de enero de 2009

a froitería de miña mai



a miña vida deu moitas voltas, pero eu hoxe, non darei tantas, e contareivos unha historia q me aconteceu, sendo eu mociña; daquela traballaba na froitería de miña mai, cerca do campus universitario e, pese a termos clientela de todo tipo, a meirande parte eran estudantes; feito q dada a miña idade me alegraba cada día q miña mai, me mandaba acompañala e axudala no traballo, como vos digo: non o facía todos os días pero aquela mañá onde aconteceu o q vos hei relatar cadroume de ir: entrou el pola porta, (el) coma calquera outro estudante, coa súa mochila desgastada polo uso, unha carpeta de cores, coma todos sempre fóra da mochila (no comprendía ese feito, inda agora), ah!! e tamn traía esa cara q teñen os estudantes, eu nunca o fun, esa cara entre agovio e resaca, sabedes¿? pois el entrou pero pese a semellar coma o resto tiña un aquel!!

seguíu vindo puntual, coma aquela mañá, só un día á semana, un día que eu agardaba coma se fóra o único na semana no que devecía ir axudar a miña mai; ata aquel día, logo de pedir o de sempre, era mozo de costumes: mesmo día, mesma hora, mesma froita... ergueu a cabeza amodo e dixo o máis orixinal q a unha moza (estou segura) lle dixeron:
"báteme máis forte o corazón por ti,
ca un carro de bois por unha corredoira abaixo"

cada un que maxine o seu final pra esta historia; eu podo dicirvos tan só: q ao estudante nunca máis lle faltou a froita

miércoles, 21 de enero de 2009

bufarda


ao abrir os ollos, sentiu o sabor do sangue na boca, e un cheiro a ferruxe, tiña a cara empapada en sangue, e o seu compañeiro de batalla sorría; ambos andaban na procura do santo graal, e acababan de derrotar a un dragón, sí sí; sendo cabaleiro da táboa redonda, a cotío se enfrontaban a trasgos, dragóns e outras bestas nas fragas máis sombrías, sempre baixo as ordes do seu guía Arturo; só había dúas metas, tres cecáis pra algúns cabaleiros: a primeira e máis sagrada, cumprir a palabra do rei Arturo; a segunda non namorar xamais pero valer a toda moza q o precisara; e derradeiro, descansar na illa de Ávalon.

Logo de apoiarse nunha árbore, envolveu cun anaco da capa a súa espada (q coma contaba a lenda sendo cabaleiro da táboa redonda, toda espada de cabaleiro caído en combate terá q volver a Camelot pra lle render homenaxe de lume), o resto da capa cubriría o seu corpo de camiño a Ávalon, onde descansaría pola eternidade.

O noso protagonista, tamén comezou a sorrir canda o seu compañeiro de batalla, sabía que as dúas primeiras premisas foran cumpridas, ía na procura da terceira.

viernes, 16 de enero de 2009

corazón de tiza



te voy a dar una paliza


esta historia lembro q ma contaba miña nai cando era cativa e, agora, vola conto eu:
cando eu nascín, miña nai tivo un parto duro, sempre estivo ao seu lado súa irmá, a tía Xiana, miña nai inda lembra como Xiana lle pedía a deus q a levara a ela e, deixara q esta nai coidara da filla q chegaba e ao home q xa estaba.
uns días logo da miña chegada, a tía Xiana morreu de repente, como é natural lembrámola con moito cariño

(conto oído na radio)

miércoles, 14 de enero de 2009

o traxe do rei


non me puiden resistir a amosar esta nova q lin no xornal vasco DEIA


el rey cobrará en 2008 más en un día, que un mileurista en un año





fonte:
http://www.deia.com/es/impresa/2007/11/14/bizkaia/politika/417075.php



non vos recorda a aquel conto de cando eramos cativos... O traxe do rei¿?
http://blanca000.iespana.es/actividades/traje_del_rey.htm

eiquí vos deixo o enderezo pra lle botar un ollo á obra, quen non a recorde.

lunes, 5 de enero de 2009

supraTECHnoloxía


pasou o día e pasou a romaría
xa todo aló foi sen que el nada lle puidera facer,
el que sempre crera nas fotocopiadoras, regaláronlle un escáner;
aquel q tamén pode fotocopiar pero non era igual...
aquela marabillosa sensación, fría sensación baixo os testículos e
mentres sofre unha erección premer o botón da fotocopiadora e obter
unha réplica do seu cu...

my miniature coma escoitara nalgún dos lixo de hollywood

el era feliz, decorando "co cu", o seu pequeno apartamento en Market St na fedente cidade de san diego.
todo pasou cando decidiron facer reformas na oficina, a secretaría q solía estar sumisa aos seus xogos de mus, marchara xq decidiran pór no seu sitio a un calquera q cobraba ben menos da metade pero non sabia nin abrochar o botóns dun chaleque.

Cando decidiran trocarlle a fotocopiadora da "esquina dos cafés" por un escáner pra cada despacho, soubo q san diego se estaba europeizando... odiaba aquilo, non se enganaba, xa
a tarde q paseando vira o troco de farolas de Elm St, lle parece raro, "o escáner" confirmábao. Tería de fuxir to Texas (hold´em)