miércoles, 27 de febrero de 2008

felicity 3x14_equipo para rachaduras

noel axudou a felicity durante a tempada que ben pasou a cavilar se a seguía amando.
Felicity fala con ben e aclárano todo, voltan amarse coma antes.

Logo, felicity achégase ao piso de noel:
(para agradecerlle TODO)

felicity: ola
noel: ... ola
míranse, esculcanse ata o máis profundo, comeza ela:

felicity: pensei no mellor modo de dicir isto ... e ... non creo q saibas o q sinto ao ter a alguén coma ti ...(o tempo detense, agora avanza de vagar) ... noel o q fixeches por min ...
noel: non foi pra tanto (o tempo volta deterse) ... o equipo para rachaduras non foi moi difícil de facer así q...
felicity: non é só iso (sorri, está marabillosa, reloce, brila) ... son máis cousas, é ser coma es, portarte coma te portas (el fítaa).
noel: bueno, non sei... non creo que xa che faga falta axuda (ela baixa a vista)
felicity: non ... (o tempo semella q retrocede dende este 3º curso a 1º, onde se amaban e cunha ollada se dicían miles de versos) ... creo q xa non a necesito (el, logo, baixa a vista, tamén)
noel: xenial (suspiro e aprobación)
(o tempo alíase con eles, acompásaos en cadansúas olladas, en cada pestanexo)
felicity: noel... non sei q faría sen ti (el sorri, resignado a: perder de novo á muller da súa vida, mais agradecido de saber q ela sempre estará aí, á vez doloroso e reconfortante ter á muller dos teus soños a unha chamada de distancia, pero q sabes q nunca deberás descolgar)
noel: nin eu o q faría sen ti... (sorri e amosa paz interior, con ela e por ela)

nin unha aperta de despedida, para q?¿ se xa se dixeron miles de conversas nas súas olladas. Só vela dar a volta, ela sentir q el a ollará liscar, mais q non debe moverse da porta do seu piso, máis que para fitala, non dar un paso, nin pronunciar unha soa palabra, SÁBENSE UN AO OUTRO, DESCOÑÉCENSE TAN POUCO.

menos de 20 segundos de serie e tantos sentimentos descritos . . .

No hay comentarios: