04:24 da madrugada!
pozi! eiquí me acho, a esta hora, logo de estudar farmacoloxía un anaco, e de ver uns capítulos de felicity coma recompensa ao esforzo.
esperto, a estas horas, sen anaco de sono, case me dá ganas de voltar ao escritorio logo do remate destas liñas. Bueno o caso e q esta finde foi unha auténtica merda, coma as anteriores. Un vai ata mera, e volve case peor do q marchou, polo menos no partido de futsal do sábado inda marquei (gañamos 5-2). Mais o barça palmou e gañou o madrí, pero q non se crean nada, q os habemos calzar ao final, q así vai saber mellor, e eles han quedar fóra da Champions este mércores contra a Roma (o barça xoga o martes contra o celtic).
na casa as cousas? ben.
en remo as cousas? ben.
de estudos as cousas? ben.
vamos que uns morren de fame,
mentres outros nos comemos os mocos.
(de fondo óense violíns de THE CHIEFTAINS, grupo folq irlandés, moi chulo!¡)
de libros tirandillo: astualmenti con : amantes, amigos, embarazos ... y más líos, comprao un día de casualidá na xenerosa librería do Haley, xa ves q cousas, aaa x certo a autora é unha IRLANDESA tamén, Sinéad Moriarty.
esta finde saiume unha afta na boca, unha pequena bocha/ferida q doe abondo (ghe ghe, q miña xoia quéixase por todiño), e achegueime pola farmacia de mera e solucinao, soio con ver á fermosa farmacéutica, non entendo xq hai 3 mozas alí, sendo tan pequena, unha coido q está de prácticas, outra é a dona, e a terceira é a máis fermosa farmacéutica q vín, alomenos en mera, ghe ghe. E fun con miña irmá buscar o remedio dos remedios para a afta, e vai a citada fermosa muller e saúdaa, eu 1/2 abraiado, pago e logo sonsácolle a miña irmá q se coñecen de x aí, xa sabedes, de verse nese nalgures ao que todos imos nalgunha vez. Coma a santo andré de teixido, q vai de morto quen non foi de vivo, a pola herba de namorar por suposto.
o martes pasado nas prácticas do hospital, tiven unha revelación mentres por case casualidade vía unha endoscopia a un doente con cirrose por se mazar a cubatas (sospeitas do bo do endoscopista), o cal non tiña ningunha patoloxía nin en esófago nin en estómago, que fermosa técnica, aínda q semellaba algo molesta para o doente, e ademais abraiante, xq ao se espertar da anestesia non se recorda ningún episodio previo da proba, o cal me leva a pensar a de maldades que se lle poden facer ak ak ak. naaaaa en serio, encantoume a proba (vimos facer 2 endoscopias, foi chachi).
hoxe unha ex-compañeira de instituto, e ex-colega de teatro contoume que para o ano se vén para compostela, así q se sabedes de alguén q teña un sitio no piso ou busque alguén de confianza poño a man no lume por ela, pois nunca me deixou poñela máis arriba, nin eu quixen poñela máis abaixo; veña en serio se sabedes alguén q deixe o piso ou algo, peghádeme un toque!!
dende eiquí un saúdo aos da pandilla q marcharon tós pa andorra pra a neve: don mauro, don abeliño, don dami, don deivi e mais o don santi. O pablo e mais eu quedamos en compos, ais a falta de dinerossss q mala é, recoiro!!
posdata: galesa volta antes de semana santa xfa! xa paso de che mandar mais emilios especiais deses, pero sobres acolchaos os que queiras q o paso ben enchéndoos, tócache respostar mincheira!
posdata 2: sondaxe das xerais en gz : http://www.lavozdegalicia.es/especiales2008/elecciones/2008/03/01/00161204412257729991858.htm?idioma=galego
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario