domingo, 17 de febrero de 2008

deporte jallejo


porque en jallejo todo sabe mellor,
(agás os pementos que diría Shin Chan), eiquí vos deixo unha escolma de resultados de clubes galegos desta finde: http://www.vieiros.com/canais/52/gz-deportiva


(CICLISMO):
O ciclista do Karpin Galicia Gustavo César Veloso aferrouse ao terceiro posto na clasificación xeral na etapa raíña do Tour de Langkawi (Malaisia): Temerloh - Bukit Fraser, de 127 quilómetros. Hoxe domingo desputarase a derradeira etapa, cun percorrido urbán por Kuala Lumpur, de 80 km.

(RUGBI): 25 anos de rugbi en Galiza
Os Galicia Old Boys van participar no Golden Oldies de Madeira, Campionato de Europa de veteranos, en xuño, xusto no ano que se fan 25 anos do primeiro rugbi federado en Galiza. A meirande parte son xogadores do CRAT de A Coruñ e do Rugbi Ferrol
O equipo galego vai comezar a se preparar xa, adestrando forte dende o vindeiro 23-F, en Gecho (Euskal-herria).
(BALONCESTO):
masculino>>>Breogán e Rosalía sumaron dous triunfos na LEB ouro, derrotando respectivamente ao Villa de los Barrios (71-75) e ao Fundació Basquetinca (81-78). Os lucenses son terceiros e o Rosalía sitúase sexto. O clube santiagués do rosalía áchase 6º, a 3 puntos do Bruesa, actual líder, cos mesmos partidos xogados,20. Mentres os lugueses do leite río, a soio un punto do líder. A POLO ASCENSO!!
http://www.feb.es/Pasarela/MostrarPasarela.aspx?Tipo=Resultados&g=1&t=2007

feminino>>>As opcións galegas na Copa de Raíña de baloncesto feminino esvaecéronse nunhas poucas horas.O primeiro dos partidos, o que ía enfrontar ao Celta Vigourban contra o EBE Promociones Santa Eulalia,En pouco tempo as diferenzas no marcados íanse acrecentando,rematando 85-66.
CB San José, 71; Extrugasa, 61
Despois era a quenda do Extrugasa, que viña forte despois do seu paso pola Copa de Europa. Aínda así, as cousas tampouco lles saíron ben ás arousás en Sevilla, e tampouco pasaron, como as viguesas, de cuartos de final, por só dez puntos que lles roubaron as leonesas do San José.

(FUTBOL SALA): CAERON AZKAR E LOBELLE na copa de rei. O Autos Lobelle foi mellor que os murcianos de El Pozo, como reclamou José Venancio ao finalizar o encontro, pero un gol de Vinicius a 49 segundos do remate da prórroga acabou coas esperanzas galegas(ao final,4-3). Pola contra o lugués Azkar Lugo, caeu 4-0 fronte ao martisa&fadesa-interviú.

(BALONMÁN): o teucro onte na casa gañou 29-28 ao naturhouse logroño. Pola contra en león, C.D. Ademar Leon 27 - 19 Octavio Pilotes Posada. http://www.asobal.es/


(FÚTBOL):
liga 2ªB>>> o lugo venceu no derbi galego ao celtaB por 3-2. A clasificación do grupo galego na 2ªB (grupo I), segue a liderala o DEPORb45, seguido do PONTEVEDRA43, oitavo está o CELTAb36, décimo o LUGO35, e xusto por riba dos postos de descenso esta de 16 o OURENSE27
http://www.lfp.es/competiciones/2004-05/otrascompeticiones/2divisionB/main_1.asp

liga 2ª>>>O Celta derrotou pola mínima ao Poli Ejido en Balaídos (2-1) con goles de Agus e Perera. Sitúase a tan só un punto dos postos de ascenso. O rácing de ferrol xoga hoxe domingo ás cinco na Malata, en ferrol, contra o Elxe (pasano por localia). O celtiña a un punto do ascenso. O Rácing se gaña hoxe e perde as Palmas, sae dos postos de descenso.
http://www.lfp.es/competiciones/2007-08/segunda/main.htm

liga1ª>>>hoxe xoga o dépor fóra, contra o recreativo de huelva, ás 17:00 por pago por visión.

OLLO!!
non vos perder o programa da galega DE PROA A POPA, domingos ás 15:15, deportes de mar, a maaaazo!

No hay comentarios: