viernes, 22 de febrero de 2008

louco sobre acolchado

hoxe deume por cavilar e dinme conta de que o meu entorno está moi louco (como me gusta esta palabra): 1>>cando chego a mera, sempre vai mal tempo, iso din: mal; a min gústame que chova e q vente, pero recoñezo q así non se pode sair remar, un pufo! (ai! como chove/ai! como venta/como se molla a tía vicenta).2>>andan a deter a homes por berrar unhas frases a outros homes con pistola. 3>>mozas que rexeitan vir ver obras de teatro.4>>mozos rexeitando ir ver un filme, e logo, despois de non ir nunca ao cinema en compostela, van sós (por certo: recoméndovos ver JUNO).5>>a sgae quere cobrar por un traballo que non fai, nun curso onde soio gañan cartos quen o están a currar, dende eiquí graciñas quintela!6>>la vida me parece una fiesta a la que nadie se ha molestado en invitarme(ultimamente,ismael serrano).7>>disque un vai botar unhas canastras cuns compañeiros de clase e remata con hassam do kurdistán turco e mais con ana de lugo, nas canastras pero cuns petas.8>>no exame de microbioloxía, no medio das preguntas de antibióticos, unha resposta que di: LA RUTA JACOBEA, entre ruta das pentosas e da glicoxenolise.9>>uns colegas van presentarse coma grupo na cadena cope, dende eiquí sorte, pero agardo que non sexa un lobo tiroideo, vamos un timo.10>>un tal Garabal, de farma, anímanos a sair + de carallada, agora entendo xq o elixiron padriño na promoción pasada; Garabal: es un cachondo.11>>logo de botar a tempada máis prolífica de amores da miña vida, síntome igual de baleiro, baleiro, baleiro, ca antes, será culpa do cupo, cecáis ou serei eu o cupable.12>>non é que lea moito, pero non atopo un libro que me convenza(el niño del pijama de rayas:pufo).13>>maxino que non chegariades lendo, q xa vos aburriría: pipiriviiii.14>>na miña vida "anterior" fora a un concerto, e en 3 meses... pois que xa fun a alghún máis.15>>xq se rexeita tanto o castelán, argumentando que fomos nós antes os rexeitados?¿16>>xq se fan carteis electorais?se son todos iguais: rectangulares, con fotos e emblemas horteras e sempre postos un por riba dos outros, xq ningún respecta aos demais.17>>falo pouco coas persoas que o saben facer.18>>custame demasiado falar cunha persoa esoecial máis aló dun saúdo e logo fachendeo de aprobar asignaturas das que os profesores o acto máis achegado que fixeron foi darnos o seu e-mail para dúbidas.19>>recibo postais da bbc, dende gales, e o único q se me ocorre é respostar cun sobre destes acolchados, marrón (non será moi currado, pero como me molan eses sobres).

el mundo es un pañuelo dicía unha desas postais,
ás veces non credes que vos toucou a parte dos mocos?¿

No hay comentarios: