viernes, 15 de febrero de 2008

vai de estado



venres, 15.02.08

GZ

vén de publicar a páxina da organización estudiantil da esquerda independentista (www.agir-galiza.org):

a detención de 2 membros
en relación coa movida esta das protestas que houbo esta semana en compostela, pola presenza de maría san gil(pp-"vasco") na facultade de económicas.

Os detidos son Iago Barros (estudante de dereito), polo que foi convocado unha concentración de apoio na praza do pan (pz de cervantes-compostela) as 20 de hoxe.
O outro detido foi Sérgio Pinheiro, durante a pegada de carteis preto da facultade de historia, que convocaban á concentración.

____________________________________________________________________

COSOVA

medios de prensa locais, que citan fontes gobernamentais, o primeiro ministro de Cosova, Hashim Thaçi, ten a intención de declarar este domingo a soberanía da actual provincia de Serbia.
Entre os estados máis belixerantes están, ademais do serbio, o español, así como Chipre, Grecia, Romanía e, sobre todo, Rusia.

Pola súa banda, o presidente ruso, Vladimir Putin, acusou a UE de practicar unha dobre moral e emprazouna a apoiar outros movementos independentistas se tamén o fai co cosovar: "En España, a xente tampouco quere vivir nun só Estado, logo apoiádeos alí".

O primeiro ministro serbio, Vojislav Kostunica, declarou hoxe que Serbia non cederá nunca na súa pugna por preservar Kósovo, provincia de maioría albanesa que proclamará a súa independencia unilateral previsiblemente este fin de semana.


apoio dende eiquí a quen queira loitar polo seu, ou pola súa, ou por si.

A palabra por diante, SEMPRE, pero, e se non te queren oir, ou se por riba te fan calar á forza, que farías?

No hay comentarios: