martes, 28 de octubre de 2008

unha serea nunha peixería!¡

é o q teñen os ambientadores q actúan sobre os síntomas, non sobre as causas, darlle coidados a un doente, sabendo q non o van facer curar: niso estamos, en alomenos paliar, o fedor non foxe: pois logo ocultámolo, entre polis e cacos e entre ti e mais eu: unha beca é unha beca e non cabe outra q mirarche aos ollos e perder o sentidiño.
fillo, leva sentido esta noite, eh!?
sí mamai, lévoo (todo), a ver se volto con algún.
q agradable é estar arrentes de ti sen q te deas conta, coma ese café pola noite, ou lavar a cara de mañá cedo, ou no medio da noite erguerse, x erguerse: mentres toda a cidade dorme e sair ás aforas, pero cerca do guión, onde as mans doan pero non firan, xq pra ferir xa te teño a ti, meu diaño, meu ben, ti que sen saber onde están as 7 provincias di mon, q logo 6, q se cadra 4, se cadra meu fillo: cantas verá?¿ amodo, quen falou de fillos? iso, quen falou de fillos? fuuu fuuuuuu ffffuuuuuu, funga a marea. . .

No hay comentarios: