miércoles, 22 de octubre de 2008

pi


piii, turuuu: así soa un pito, un chifre, o son do telefoniño, pip ipi pi batería baixa: pilas descargadas, supoño q será iso, q non atopo o cargador axeitado, unha noite de xiada en chancoletas, e un crédito sen abrir, outro sen canxear, e un derradeiro intento trás da última cancelación do banco, caixa, caixa de mistos, nestas datas de nadal/outono/primavera/vran, os pitos acéndense con mistos, disque ós isqueiros hai q queimalos: recolecta de chisqueiros, cancións de gaita, e muiñeiras de chao: do vello seivane, ou de seivane "o vello", nin che nin cho, alédome ben x ti, alédome de coraçao, alédome q unha estea mellor ca nunca, e a outra máis enredada do q xamais recorda, como me flipan as túas enredadeiras, uns din q non tes fondo, e de momento subscribo iso, nin as matemáticas de cube poderían explicar os teus gustos sexuais, outro tema + no q me abraias, lightning! iso é a vida (contada coma un crebacabezas), unha serie de fotos, de fotogramas? non! de fotos, xq no medio non hai nada, bueno, minto, sí hai tal, hai lixo, coma as secuencias de adn q de cando en cando, nos fascinan cunha secuencia codificante (senón me falla a memoria un 5% do total), pois iso é a vida, un montón de refugallos cuns poucos ... no medio.

re-re-enchan vostedes estes puntos co que queiran recordar da súa vida,
advertencia: !atlov iah non

No hay comentarios: