miércoles, 8 de octubre de 2008

louca e 1/2


en troques do mar, óese a terra, badaladas cada 15 minutos, como me gusta oilas, existen 2futboles e asembleas a man alzada, como me gusta vivir en pendente, e coma os gnomos viaxar en raposo, walt, walt, walt!!!¡¡¡ erguerse e ver a raiola de sol, q bo é estar ás escuras, xogar ás agachadas, ou mentres fito pra eles na distancia, ás apalpadelas sacan aquilo do peto, botan a correr logo de deixalo no obxectivo e tempo despois pum!: láminas de madeira, de contrachapao de outeiro de rei, q non é o mesmo q caldas, sempre trabucas monforte e monterroso, como me gusta cando paras a cavilar nun dos dous e rematas x dicilo mal, ou ben, se cadra, son eu quen non atopa a aula 3, pranta baixa, mañá estrea, hoxe: pois hoxe, hoxe... de limpeza, no aulario, ou elario, eladio?, non non, bueno, non che sei, disque na rúa das antonas había unha fonte, unha fonte e catro vellas, e cada unha delas a máis tola, e tola ti, louca e media!