martes, 28 de octubre de 2008

unha serea nunha peixería!¡

é o q teñen os ambientadores q actúan sobre os síntomas, non sobre as causas, darlle coidados a un doente, sabendo q non o van facer curar: niso estamos, en alomenos paliar, o fedor non foxe: pois logo ocultámolo, entre polis e cacos e entre ti e mais eu: unha beca é unha beca e non cabe outra q mirarche aos ollos e perder o sentidiño.
fillo, leva sentido esta noite, eh!?
sí mamai, lévoo (todo), a ver se volto con algún.
q agradable é estar arrentes de ti sen q te deas conta, coma ese café pola noite, ou lavar a cara de mañá cedo, ou no medio da noite erguerse, x erguerse: mentres toda a cidade dorme e sair ás aforas, pero cerca do guión, onde as mans doan pero non firan, xq pra ferir xa te teño a ti, meu diaño, meu ben, ti que sen saber onde están as 7 provincias di mon, q logo 6, q se cadra 4, se cadra meu fillo: cantas verá?¿ amodo, quen falou de fillos? iso, quen falou de fillos? fuuu fuuuuuu ffffuuuuuu, funga a marea. . .

miércoles, 22 de octubre de 2008

pi


piii, turuuu: así soa un pito, un chifre, o son do telefoniño, pip ipi pi batería baixa: pilas descargadas, supoño q será iso, q non atopo o cargador axeitado, unha noite de xiada en chancoletas, e un crédito sen abrir, outro sen canxear, e un derradeiro intento trás da última cancelación do banco, caixa, caixa de mistos, nestas datas de nadal/outono/primavera/vran, os pitos acéndense con mistos, disque ós isqueiros hai q queimalos: recolecta de chisqueiros, cancións de gaita, e muiñeiras de chao: do vello seivane, ou de seivane "o vello", nin che nin cho, alédome ben x ti, alédome de coraçao, alédome q unha estea mellor ca nunca, e a outra máis enredada do q xamais recorda, como me flipan as túas enredadeiras, uns din q non tes fondo, e de momento subscribo iso, nin as matemáticas de cube poderían explicar os teus gustos sexuais, outro tema + no q me abraias, lightning! iso é a vida (contada coma un crebacabezas), unha serie de fotos, de fotogramas? non! de fotos, xq no medio non hai nada, bueno, minto, sí hai tal, hai lixo, coma as secuencias de adn q de cando en cando, nos fascinan cunha secuencia codificante (senón me falla a memoria un 5% do total), pois iso é a vida, un montón de refugallos cuns poucos ... no medio.

re-re-enchan vostedes estes puntos co que queiran recordar da súa vida,
advertencia: !atlov iah non

martes, 21 de octubre de 2008

semellas un chacho, e q¿?


pés no ar, pés no ar: archuus! dun xeito diplomático, falase q no talleres carlocho, houbo unha partida brava de futbolín, arredor de alexandre "o de fisterra" e máis do fillo de maría, q xa de pequeniño pillaba no puerto. Éche o q hai, en épocas de crise, algún banco só garantiza o 10% dos aforros, pra a próxima baixo do colchón, inda q coa muller dun, nunca se sabe, malas inversións e peores podólogos, odontólogos, e mulleres de bata branca, teclados en bata negra, e dúas tartarugas na tartarugueira, gambas, pienso e unha purificadora, bo traballo pra unha pranta carnívora, fóra as entrañas e q fresco chega o peixe, na tele fuenterravía, noutra canle hondarribia, iso é este mundo, soio un nome, un xeito de escrever só, q ofende, xq nos ofende o nome dun pobo, dunha estatua, pero non hai valor, non hai nobreza, non hai collós, de doar, de ser voluntario, de facer pintadas x unha causa xusta, pintadas? causa xusta? merda, digho merda e casas xustas, la matinale del merci e del soap, non hai xabrón nin txatxok, ausencia de: lack of, non hai lacón coma o do porco celta, iso sí é un solfeo, de gaita, ou de piano, pra q qués unha lámpada sen bombilla?, x se algún día acho a luz, chis chis, pingueiras na bufarda, gravata? non! entre escritorios e libros de inmuno queden vostedes, no albaroque, o en algalia de arriba, x baixo non é o mesmo, saúde e república mister llamazares!!

domingo, 19 de octubre de 2008

petra


dende andalucía ata o mundo mozárabe, árabe, non é o mesmo ca mouro, nin o documental de palestina, abofé q non falaba de persia, tampouco é o mesmo marcos lópez q a alopecia de marcos, nin xordania, nin mar morto, mar salgado, mar do deserto, extraña extension de auga, magnesio magnesio, orixe, nin dolce vitta, nin belucci, onde estea o cinema coreano, q x suposto descoñezo, q se quite o cinema de cantinflas q tanto me gusta, un chin chin x bud spencer e outro x terence hill: o loiro e o gordo, loiro: sí, non loito, nin o flaco i o gordo, eses en B/N, vamos branco e negro, peace xunto a un te mouro, ou unha menta poleo, con capiteis corintios, patacas fritidas, asadas, patatillas, cocidas, ou cachelos con monda, a cousa é ter preto unhas patácolas!!

vaia noite de peace, pis pis pis, mexa x min, mexo, mexo, muxux, kukuxumuxux, i veña teatro e castelos de princesas, pra xente republicana ou alomenos non monñarquica, normal entre terremotos e tal pim pam pum bocadillo de atún.

un saúdo,
firma i tacha: pepe carracha

lunes, 13 de octubre de 2008

matanza en pontecesures


¿Cuáles son los principales puntos a mejorar respecto al año pasado?
be water, my friend.
pinguiñas, soio se oen pingas, e un can, un can q se cre galo, botar a voar, i volver volver vooolverrr a aquela bottle again, q botella, q vaso e q grolo, desvarío xq estou tolo, ak ak ak, grolo, pipiolo, non é así coma se fan as cousas, veña lisquemos ao recreo, logo aló tampouco saberemos facer ren, pol de cruceiro, os demais a currar, e eu cruzao, gomas de carpeta, carpeta de gomas e estrobos feitos á man, q precisas, bueno así podería valer, coloca a estantería de nube, pero sendo de nube como a hei aguantar, escápame, be water my chuchiño, be water para ser unha escoba, unha fregona, unha mopa, un mocho, motxo con morango, hei hei, resistirei, calquera día q queiras hai plan, plan B, ou C, o caso é acadar a misión, agir a meta, meta, teta... ilusióname xq estou queimao, non semella un bo inicio, a ver como vai e como se chega á fin, lotaría de nadal, nós estamos eiquí, vós respondedes, non se oe sinal, non che sei, de vilalba a guitiriz non hai, ten conta das tartas meu rei, ca en mondoñedo coma en paiosaco, vestir de verdeebranco e sinal de ... un flequiño recortado, unha cuba agardando unha tunicia sentada, desesperación a lo marta, tranquilo¿? disque morreu, abofé contan q foi un homicidio involuntario múltiple e edulcorado!

sábado, 11 de octubre de 2008

santiagold !¡


vaya semanita!!
q tostón, q movidita!! un par de mozas en biquini branco, i a un q só lle gusta a de biquini negro, chámante chulo, chámante dextista, non sei a q vén o de me pasar revista, non quero non, the music is my girlfriend, vaia noite de fulares verdes, e bueno q dicir dos do piso, q son unhas malas pécoras, un pouco currunchos, teñen algo de maycars e vaia anubis q pillei, así saindo de relax, de relaxamento foi o vindeiro día, non sei como entraremos en clase cando cheguen os do paso de ecuador de tunicia, gústame crer q estaremos máis xuntos, agardo q non haxa asfixias, nin sustos coma os das errikotabernas, o tema estaba entre quedarse coas jolichadas ou marchar lonxe da friaxe, como a coñecedes ben: saberedes que escolleu...

miércoles, 8 de octubre de 2008

louca e 1/2


en troques do mar, óese a terra, badaladas cada 15 minutos, como me gusta oilas, existen 2futboles e asembleas a man alzada, como me gusta vivir en pendente, e coma os gnomos viaxar en raposo, walt, walt, walt!!!¡¡¡ erguerse e ver a raiola de sol, q bo é estar ás escuras, xogar ás agachadas, ou mentres fito pra eles na distancia, ás apalpadelas sacan aquilo do peto, botan a correr logo de deixalo no obxectivo e tempo despois pum!: láminas de madeira, de contrachapao de outeiro de rei, q non é o mesmo q caldas, sempre trabucas monforte e monterroso, como me gusta cando paras a cavilar nun dos dous e rematas x dicilo mal, ou ben, se cadra, son eu quen non atopa a aula 3, pranta baixa, mañá estrea, hoxe: pois hoxe, hoxe... de limpeza, no aulario, ou elario, eladio?, non non, bueno, non che sei, disque na rúa das antonas había unha fonte, unha fonte e catro vellas, e cada unha delas a máis tola, e tola ti, louca e media!

lunes, 6 de octubre de 2008

chalés pra pobres!¡


menos House e máis chalés pra pobres!!

un escote nun tren, un curso q empesa, mentres empezamos dous ou tres, cheiro a cebola e pemento na tixola, non, non son poeta de alfándega e de despensa, se cadra se o leite calla ti disque outorgas, non hai quen te ature, nin quen faga bo de ti, eu fixen q non vin, ti: q non te deches conta, e abofé q rematarei suando á túa beira: dicía o mariño arrentes da rede. Non hai bombilla que che chegue nin sequera co teu costume de acender candeas, as de cheiro, non as aguanto, como feden, e as túas costas peludas q ben ulen, triptongo de hiatos e música de gardel, e canto me gusta q me espertes pra te ir buscar auga ao oasis, preguiceiro, lacazán e pousa e pousa e pousa, e non é o mesmo ter mozo q moza!!

ai linda
eu heite de amar
de dia ó sol
e de noite ao luar
(cancão "popular" do norte de portugal)


(q chusquiño me quedou hoxe, nonsi¿?)

miércoles, 1 de octubre de 2008

troco/change/cambio


¿Los motivos del cambio?

Creo que son sencillos de entender; todo principio, ha de tener un final, y muchas veces ocurre, que al no saber dar ese final a tiempo, el hobby se convierte en rutina, el mensaje se hace turbio y los días pasan más despacio. Cuando uno siente todo este cúmulo de circunstancias, es el momento de parar y de ver qué es lo mejor para el equipo, para el club y para uno mismo.