domingo, 9 de marzo de 2008

paghar eu ?¿


sabendo q o voto se cotizaba en ebay coma quen vende un tendal vello, afirmo q óigame compay no deje camino por coger la vereda.

nestes días de atentados reivindicativos dunha democracia q por contentar a máis, non contenta a todos, un q se sinte falto de ganas de ir votar, e por riba oindo a un barrio da Habana, de vai uns anos coma se fora antonte cando pillei o cd. Soa amor de loca juventud, compay segundo e julio alberto fernández, que merecen unhas maiúsculas nos nomes pero xa sabes, hoxe non é día deses de salientar a naide, máis ben, un deses días de caer de cu nunha cadeira e ir ver o marino-larín ás 17, o valencia-dépor das 19 e o barça-vilarreal das 21.

"porque tú has sido, mi única ilusión", palabras de orgullecida, está a ser un grato descubrimento: buena vista social club. Un empeza a cavilar en palabras ditas sen pensar moito preto dun hospedaxe un tanto com-m-patriota, e bueno amor da miña vida, d´acordo, arrepíntome de ter dito eu esas palabras, foi moi forte, oínas esta semana e supoño q tiña ganas eu tamén de dicilas, non foi de todo sentido.

this romantic ballad was written by chepín, soio dous parágrafos de canción pero murmullo, inspira abofé; semana esta de loitas obreiras, vemos en nadela, na central de puleva en lugo, o leite estaba q se botaba por fóra. Tamén na marcha q o mércores protagonizaron os despedidos por "falta disiciplinaria", da empresa de metais ingemar, por non quereren currar findes sen cobrar, tamén foi soada, dende guitiriz a lugo de marcha, loita e mais loita.

e logo de vivirmos o día da muller traballadora, faime pensar q xq non deixarme facer o que queira co meu corpo, xq non deixarme facer o que queira co meu útero, que cren estes reaccionarios q se vai pór de moda o ir abortar, a xente non é estúpida, vaise usar coma agora cando se precise, pero sen que se faga na sombra, nin vai ser unha moda, nin se vai a obrigar a naide a facelo, q quen teña un cativo que sexa xq o quere facer, non xq pasou algo que non debía acontecer. Parece mentira, q defenda a vida a toda costa alguén sen se preocupar polo malvivir q iso poida supoñer.


agardo non afoguedes entre enquisa e enquisa, nin trás rolda de prensa e rolda de prensa, nin gráficos, nin estimacións de voto, nin patrañas dunha democracia que non serve para nada + q facer aos ricos máis ricos cada día, mentres enmascaran os seus roubos soados en forbes e a nós falannos de política social.

pon os lentes de sol, quero que amenzamos xuntos!

No hay comentarios: