
o outro día vín: CAÓTICA ANA, recoméndoa a calquera ávido de cinema español (dirección e guión: julio medem). É destas pelis que dá gusto ver pois logo queda ese ruxe-ruxe na cabeza.
onte a probar o mar de sada, e ala, a escachar remos, senón se pode ser tan zeñú, joer. Iván farémoscho paghar, ghe ghe.
onte á noite estivo chovendo a mares e, hoxe a marea non parece máis chea, pero sí que dá gusto ver a praia (comprobación fiestril), sí dá gusto, a beira revolta, todas algas, todas redes, na beira do mar e na beira da area. mestura, misturadora, mix.
caóticos todos, lo de remar se va acabar i os estudos tamén e a rañala todo e como me gusta a palabra estoxo " dona ".
sen máis me despido coma quen foi quen veu un día.
para a miña irmá ana, que se foi.
para a miña filla ana, que veu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario