miércoles, 4 de febrero de 2009

@


os días de mareira, son cando máis medra a herba, son cando máis bate a uralita e os canalóns se desafogan da moita auga q a cotío levan; os días de mareira son os mellores días pra sair remar, énchese o barco d´auga e tes q voltar rápido, as esponxas, as botellas recurtadas non baleiran todo o q chove, son os días onde se ve o mar vivo, a bravura das gaivotas, q son as únicas, xunto cos remeiros inexpertos, q saen a gozar do vento, planeando, disque non voan, q soio planean, non creo tal; pra min q son unhas expertas nadadoras, digo voadoras, ambalas dúas, xq non van nadar con flotador, cun deses de patiños, o colmo da inocencia: a túa beleza ao sol do vran pasado, tomando queimada baixo o luar da lúa en central park, coma no anuncio deses supermercados onde están as etiquetas en castelán, e os prezos corresponden a xoguetes de campos secos de olivos nas terras de terratenentes de infantería en cabalos de ferro, pi piiiiii marcha o tren, aló marchou el ou ela segundo prefiras TI.

cando volte da súa viaxe, e @ vaias recoller á estación lembra susurrarlle canto @ queres !¡

No hay comentarios: