sábado, 31 de enero de 2009

a froitería de miña mai



a miña vida deu moitas voltas, pero eu hoxe, non darei tantas, e contareivos unha historia q me aconteceu, sendo eu mociña; daquela traballaba na froitería de miña mai, cerca do campus universitario e, pese a termos clientela de todo tipo, a meirande parte eran estudantes; feito q dada a miña idade me alegraba cada día q miña mai, me mandaba acompañala e axudala no traballo, como vos digo: non o facía todos os días pero aquela mañá onde aconteceu o q vos hei relatar cadroume de ir: entrou el pola porta, (el) coma calquera outro estudante, coa súa mochila desgastada polo uso, unha carpeta de cores, coma todos sempre fóra da mochila (no comprendía ese feito, inda agora), ah!! e tamn traía esa cara q teñen os estudantes, eu nunca o fun, esa cara entre agovio e resaca, sabedes¿? pois el entrou pero pese a semellar coma o resto tiña un aquel!!

seguíu vindo puntual, coma aquela mañá, só un día á semana, un día que eu agardaba coma se fóra o único na semana no que devecía ir axudar a miña mai; ata aquel día, logo de pedir o de sempre, era mozo de costumes: mesmo día, mesma hora, mesma froita... ergueu a cabeza amodo e dixo o máis orixinal q a unha moza (estou segura) lle dixeron:
"báteme máis forte o corazón por ti,
ca un carro de bois por unha corredoira abaixo"

cada un que maxine o seu final pra esta historia; eu podo dicirvos tan só: q ao estudante nunca máis lle faltou a froita

No hay comentarios: