lunes, 16 de febrero de 2009

chafarizas e axouxeres!


tin titi tin

inicios de finais, final d´algo e inicio d´outra cousa.
raios de sol sobre un corpo con moreno de flexo,
noites de póker, mañás de apuntes, así se nos vai a vida,
coma unha onda, q pillamos e q logo deixamos ir.

non che sei, vai unha tempada q a onda véxoa ir, pero
porque eu avanzo, non xq ela me deixe atrás;
(inda q sempre será de "forma amorfa", tanto ten como eu a vexa agora).
Dende vai uns meses: sabemos coller as ondas, non caemos trás dela,
aproveitamos o seu avance, e deixamos correr o bote.

inda arrecende a champaña de nadal, úlela?
e xa hai xentea facer filloas, a rematar as súas máscaras,
xa está eiquí o entroido, as regatas, e en canto nos descoidemos: pasará o vran;
cando rematará isto, deixar de ver o tempo fugaz,
e voltaremos sentar XUNTOS, na entrada, coa brisa quente do vran mentres tocas o banjo,
banjo, banjo, banjoooouuuuu
fóiseme, desculpen as molestias: pechado por indefinición!!

No hay comentarios: