miércoles, 21 de enero de 2009

bufarda


ao abrir os ollos, sentiu o sabor do sangue na boca, e un cheiro a ferruxe, tiña a cara empapada en sangue, e o seu compañeiro de batalla sorría; ambos andaban na procura do santo graal, e acababan de derrotar a un dragón, sí sí; sendo cabaleiro da táboa redonda, a cotío se enfrontaban a trasgos, dragóns e outras bestas nas fragas máis sombrías, sempre baixo as ordes do seu guía Arturo; só había dúas metas, tres cecáis pra algúns cabaleiros: a primeira e máis sagrada, cumprir a palabra do rei Arturo; a segunda non namorar xamais pero valer a toda moza q o precisara; e derradeiro, descansar na illa de Ávalon.

Logo de apoiarse nunha árbore, envolveu cun anaco da capa a súa espada (q coma contaba a lenda sendo cabaleiro da táboa redonda, toda espada de cabaleiro caído en combate terá q volver a Camelot pra lle render homenaxe de lume), o resto da capa cubriría o seu corpo de camiño a Ávalon, onde descansaría pola eternidade.

O noso protagonista, tamén comezou a sorrir canda o seu compañeiro de batalla, sabía que as dúas primeiras premisas foran cumpridas, ía na procura da terceira.

No hay comentarios: