lunes, 8 de diciembre de 2008

premios de pastel_cake awards


menos dunha semana pra o clásico dos clásicos, ese partido q aumenta a venda de camisolas e convulsiona ao inquisidor (en temas separatistas) congreso dos esputados. Moito ánimo, moita electricidade corre polas neuronas de dúas plantillas que se xogan só 3 puntos pero a moral de toda unha volta, o respeto do rival, a admiración de media europa e, unha pila de millóns en primas x parte de cadanseu presidente (pra subirlles o ánimo¿?). Un adestrador pide cautela, inda queda moita liga; mentres o outro declara trás unha derrota dos seus na casa: "en estos momentos no es posible ganarle al barça". Non me disgusta Schuster, pero quédome coas verbas de Guardiola (e no recordo co gol de tamudo q nos arrebataba unha liga). Pero co que sobretodo me quedo é coas sensacións q dá o equipo q iso ao fin é o que dá ledicia á afición: ver como se lle gaña na casa do sevilla 3-0, resultado demoledor e, cun xogo de envexa. E ao madrí, dando unha imaxe pésima na primeira parte, sofre e perde no seu campo contra o mesmo equipo. Haise que quedar cun 4-0 no Camp nou ao valencia. E por riba de todo, hai que levar ben protexidas as mans, q con este frío, os beizo cuartéanse, os pés perden os dedos e os miolos do gato papanos os ratos.
Un saúdo dende a CASA de cartón de Mon

No hay comentarios: