sábado, 20 de septiembre de 2008

rochiña/rocha/racha/rachí


... rematou a competición e o q sentía deu en chamalo: LEDICIA: nunca tan ben se sentira, cheo, algo q lle saia polos poros, as mans tremíanlle polo cansanzo e mais por aquilo q o enchía, notábase fóra de sí, eses berros de vitoria non calmaban a euforia q levaba por dentro, os abrazos cos compañeiros, compartir a suor deles, coma antes compartira o sufrimento, a dor ao rematar cada adestramento, toda unha tempada remataba, unha tempada q remataba con eles de locais, e con eles de campións, non foran todo rosas naqueles días, pero agora todo aquilo soio facía maior a felicidade daquel intre...

...ao chegar á casa, nos ollos da mai soubo ler o q ocorría, as palabras q antes non chegaban pra conter a ledicia, agora sobraban para describir a traxedia, o papai...

...agora na mecedora, albiscaba trás dos xeonllos, unhas zapatillas roidas, desgastadas pola idade ao igual ca el, un trapo vello, de cando en cando voltaba ao seu maxín aquela tarde, por veces non sabia se ocorrera ou se fora unha daquelas historias q lle lian ao durmir, pero esa tarde, esa tarde era unhas desas nas q sabía q sí ocorrera, nas q maldicía a mañá q se ergueu, nas q maldicía a volta á casa, sentíase culpable, sabíase culpable, trás daquela tarde, daquela vitoria, o mundo abríaselle en forma de ofertas e melloras de contrato, mais nada máis chegar á casa decidira q pra el aquel mundo xa liscara...

No hay comentarios: