sábado, 29 de agosto de 2009

pazos de miseria


ergueste, vés que inda é cedo pra te achegar á padaría como cada mañá, ou como esa única mañá á semana que te achegas, e clicas na interné por facer tempo, non poder durmir e sabes que os cruasáns agardan por ti: navegas un chisco, perdido, á deriva, lendo sen ler, titulares e notas de prensa, fixándote sobretodo nas fotos, como facías cando eras cativo neses contos onde os bonecos eran tan grandes coma as casas ou as árbores, aquelas historias cheas de colorido e sempre cun final feliz ... ata que dis: ostias!!

"preto de 4700 familias, viven cunha axuda de 395€ coma único ingreso"

poste a ler algo máis a fondo,
prestación periódica mensual de apoio económico e, ao mesmo tempo, esixe que o perceptor se comprometa cun proxecto de inserción. Constan dun subsidio básico, dun complemento variable en función do número de membros da unidade de convivencia.


e sinceramente non sei ti, que estas a ler isto agora, pero eu non podo máis que sentirme un pouco desgraciado e un moito de egoísta: sabendo como vivo, como viven os que me importan, as facilidades (os privilexios) que temos ao vivirmos en compostela, ...

o que máis me jode, e que foi a maldita casualidade (que ás veces che dá tanto), a que me fixo que eu hoxe poida ir mercar uns cruasáns, e que pra outros os contos de cativos non sempre teñan final feliz...



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Completamente dacordo co de que a sorte que temos. Pero tamén quero deixar unha cousa clara: hai xente que merece as prestacións, pero hai outra que está no paro ou en outras situacións porque queren. E sínto poñerme así de ríxido, e de inflexible, pero teño visto algunha situación que chama a atención...
unha aperta!

Rosalía De Compostela dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.