vaia días estes:
esta semana remata o bendito curso de cinema en medicina, agardo non esteades moi fartos e aburridos del, esta semana quedan as mellores pelis. A semana pasada xabier gómez noia, gañou a primeira proba da copa de europa de triatlon, e polas terras españolas nada se soubo, e polas galegas moi escasamente, a este mozo halle acabar pasando coma a david cal, dobre medallista e logo sen un patrocinador serio q o acompañe. e logo disque todas as medallas son pra EUA e URSS, se inda tiñan q ir máis coa merda de apoio q se recibe dende o goberno galego e o ningún apoio apenas dende empresas galegas, vaia escándalo, os remeiros amais de entrenar 5 dias á semana teñen q andar a chorar nas portas das empresas unha subvención pra poder pagar a gasolina e non tela q pór do seu peto.
co dépor case que salvado, o celta case de seguro e o rácing de ferrol ás portas o fútbol galego de elite anda ledo, pese ao rácano dos ibxectivos. E quen se preocupa de anunciar un campionato galego de remo¿? seica media páxina na voz de galicia saía falando dos gañadores en senior masculino, non vaia ser que falaran do resto de categorias e mulleres, vaia pola sal!
nada amigos, agora a irlles a dar ata no carné de identidade a vascos e cántabros, q se enteiren do q vale un remo galego (de construción vasca, abofé, q a ver quen move unha traineiriña pedro cuesta recén feita, faltan maos)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario